Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2015

A E.P.A. SIGUE A CONTRADECIR A FEIJÓO






O paro sobe en 11.900 persoas ata marzo en Galicia, un 4,5%, fronte ao descenso da media estatal


O paro subiu en 11.900 persoas no primeiro trimestre do ano en Galicia respecto ao trimestre anterior, un 4,5%, ata alcanzar un total de 275.700, e fronte ao descenso rexistrado pola media estatal, do 0,24% (con 13.100 desempregados menos).

En relación co primeiro trimestre de 2014, a comunidade galega reduciu o seu número de parados en 21.200 persoas, o que supón unha caída do 7,15%, segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA) publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

É o maior descenso nun primeiro trimestre dende o ano 2005.

Entre xaneiro e marzo os ocupados descenderon en Galicia en preto de 13.000 persoas e en toda España en 114.000.

O número total de parados en Galicia quedou en marzo en algo máis de 275.000 e en toda España en preto de 5.447.000 persoas.

Outro dato da EPA é a redución da poboación activa en case 128.000 persoas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.