Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2015

O B.N.G. PIDE RECUPERAR UNHA ANTIGUA FONTE E LAVADOIRO EN VILARIÑO






Típica fonte e lavadoiro de Galicia
No lugar de Cuíña, na parroquia de Vilariño, lindando coa parroquia de Tremoedo, do veciño concello de Vilanova de Arousa, nun camiño que vai cara ao monte Troviscoso, hai unha fonte pública que, dende hai anos, está nun total estado de abandono. Esta fonte contaba tamén cun lavadoiro que, co tempo, foi desaparecendo. A pesar de todo isto, os veciños/as sempre seguiron a facer uso do servizo que, cada vez menos, lles  ofrecía a fonte, ata chegar ao actual estado de total abandono.

Opinan os veciños/as, e o BNG coincide con eles, que cun mínimo custo podería volverse a poñer en funcionamento a fonte. A colocación dunha billa ou picho, previa unha laboura de limpeza a fondo, facilitaría que a auga volvese a manar de novo. Se isto non fose posible, porque hoxe en día moitas fontes ven diminuído o seu caudal pola baixa no nivel freático, debido á construción de moitos pozos nas proximidades, indican os veciños/as que a solución sería a instalación dunha bomba de achique manual, como hai noutros lugares.

Por todo isto, facéndose eco das demandas veciñais, o B.N.G. solicita que por parte do concello de Cambados se acometan as obras necesarias para conseguir que a fonte de Cuíña volva dar servizo ao vecindario.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.