Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de marzo de 2015
ARTISTAS CONTRA "AME"
Esta mañán tivo lugar a rolda de prensa na que estiveron presentes representantes do Concello, os artistas participantes e Merchi Álvarez na que se presentou o acto que o día 28 deste mes terá lugar na Praza Alfredo Brañas e no que Lino Silva e "Gogue" pintarán un cadro e unha tira de Floreano e que serán postos a subasta na páxina/evento de facebook SELFIES CONTRA A "AME" (Atrofia Muscular Espinal).
A partires das 11 da mañán os dous artistas pintarán os cuadros en directo co acompañamento de música en vivo.
Haberá un "fotocol" para que todo Cambados e visitantes saquen a lingua contra a AME
Unha vez rematados e colgados na mencionada páxina procederase a subasta.
Poderase puxar durante uns dias por eles o que máis puxe será o seu propietario. Unha vez que se adxudiquen, os puxadores teñen o prazo de tres dias para ingresar o diñeiro na conta de Fundame. Unha vez confirmado o ingreso, os novos propietarios poderán recollelo.
A esta iniciativa hai que sumar outras de carácter informativo e deportivo que iremos desgranando no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.