Non precisan coñecementos de electrónica nin de programación. Un kit lego é o punto de partida para deseñar e construír un robot.
O concurso galego de robótica busca espertar o interese dos mozos pola ciencia. "A min gustaríame estudar unha enxeñaría, algo relacionado coa informática, electrónica ou algo así"
Os gañadores déronse a coñecer este venres.
E o IES Francisco Asorey de Cambados ven de gañar o VII concurso galego de Robótica. O premio entregarase esta tarde na Sede da Fundación Barrié da Coruña.
Os gañadores do VII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, organizado pola Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) na Coruña esta semana son:
Categoría de Bacharelato /ciclo medio:
1º Premio IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra)
2º Premio IES Perdouro de Burela (Lugo)
3º Premio IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
1º Premio IES A Cachada de Boiro (A Coruña)
2º Premio IES nº 1 de Ribeira (A Coruña)
3º Premio IES Agra do Orzán (A Coruña) empatado con IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
Categoría de Educación Primaria (EP)
1º Premio CEIP de Cervo (Lugo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.