Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2015

A DEPUTACIÓN PON UNHAS BASES PARCIALMENTE NOXENTAS



A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a concesión de 6,1 millóns de euros ós concellos da provincia de Pontevedra para que contraten un total de 1.467 desempregados para desenvolver obras municipais.
O programa hoxe aprobado denomínase "Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015" e as súas bases foron aprobadas polo Pleno do pasado 30 de decembro.O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que este plan será complementado con outra cantidade co fin de chegar ós 2.200 traballadores contratados.
Nel a Deputación achega esa cantidade e serán os concellos os que realizarán a selección do persoal e os que contraten os seleccionados.
Os contratados deberán ser desempregados inscritos na Oficina de Emprego e non perceptores de paro. Terán preferencia os candidatos que leven inscritos como demandantes de emprego máis dun ano; os que non fosen contratados polo Concello en 2015; os que teñan niveis de renda máis baixa; e os que teñan cargas familiares. 
Chama a atención que poidan ser contratadas persoas que hai dous meses estaban contratadas por outro plan da Deputación, posto que calquera que acabara en decembro o seu contrato pode voltar dous meses despois a ser contratado, co perxuicio que acarrea para outras persoas que levan máis tempo no paro. Neste punto a deputación coma sempre erra e o máis lóxico é que o tempo fose ampliado a un ano.
A contratación de traballadores será para a prestación de servizos mínimos municipais e regulouse en función dos habitantes do concello:
Núm. de habitantes
Grupo 1
0-2000
Grupo 2
2.001-5.000
Grupo 3
5.001-10.000
Grupo 10.000-20.000
Grupo 5
20.001-50.000
Núm. de traballadores
14
20
24
30
34
Categoría
Custo salarial total subvencionable por traballador
Calquera
4.181,88 euros
Nota de prensa inicial
As axudas hoxe aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación serán para financiar, durante 6 meses, a contratación de traballadores a tempo parcial, en xornada de 25 horas semanais, co límite máximo de 4.181,88 euros por traballador. 

Horas despois rectifica a Deputación o erro cometido na nota de prensa que publicara inicialmente.
Picando na foto do lado comprobaredes o que decimos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

http://www.boppo.depo.es/bop-v2-portlet/download?id=idd_744C2AB0-7DC2-4390-988D-2DB8041327BE&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20150107.2015000067.pdf

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.