Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2015

GARCÍA TEJERINA VISITARÁ CAMBADOS O LUNS





Isabel García Tejerina, ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente visitará o vindeiro luns ás mariscadoras da praia de San Sadurniño,   de Cambados, un encontro co que se quere deixar constancia do "apoio" do Ministerio ao traballo das mulleres no sector pesqueiro. A presenza das mulleres no sector pesqueiro é moi destacable en actividades como a acuicultura, as tarefas coas redes e no marisqueo. Un recoñecemento que, segundo o Ministerio quíxose plasmar oficialmente na Lei de Pesca Marítima recollendo nela o apoio á muller a través da inclusión do principio esencial de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.


Na súa xornada de visita a ministra percorrerá distintas instalacións relacionadas coa industria pesqueira en Cambados, para posteriormente embarcar nun buque "Guardacostas" con destino a unha batea na ría de Arousa, dedicada á produción de mexillón. Tras esta visita García Tejerina trasladarase á praia de San Sadurniño (Sarrido), as mariscadoras explicarán á ministra o seu sistema de traballo.
García Tejerina tamén visitará unha industria conserveira en Boiro (A Coruña), e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.