O B.N.G. de Cambados pregunta polo retraso nas obras no Colexio Antonio Magariños.
Así o expresan nunha nota de prensa:
"No Portal Educativo da Xunta de Galiza e en distintos medios de comunicación apareceron, no mes de agosto do ano 2012, informacións sobre as obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tiña planificado realizar nese curso escolar no Colexio Público Antonio Magariños. Naquel momento, a Consellería informaba da existencia dunha partida para o arranxo das instalacións deportivas, principalmente, para a mellora da pista deportiva cuberta. Quedou demostrado, desde hai tempo, que ese anuncio era mera propaganda a pesar de que o arranxo da pista cuberta resultaba urxente, porque cando chove non é posible realizar actividades de educación física polo perigo que supón, para a integridade física do alumnado. Non entendemos como un proxecto que a Consellería, hai varios anos que tiña orzamentado, volve a retrasarse de novo escusándose a Xunta, desta volta, en que aínda non está rematado. A última promesa que se lle fixo á comunidade educativa do colexio Magariños foi no pasado mes de novembro, e aínda que o Delegado Territorial catalogou estas obras como prioritarias, semella que unha cousa é o discurso político do PP e outra ben distinta o compromiso cunha comunidade educativa que se está a sentir repetidamente enganada, desde hai anos, pola evidencia de que a palabra dada en varias ocasións pola Xunta, está a ser incumprida reiteradamente". Por todo esto solicitan que se respondan as seguintes preguntas:

1.- Como é posible que en máis de seis meses non se teña rematado un proxecto de obras que desde hai anos están prometidas?
2.- En que mes estará rematado dito proxecto? Cando comezarán as prometidas obras no Magariños?
3.- Cando poderá utilizar o alumnado do Colexio Público Antonio Magariños, o novo pavillón?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.