Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2014

COMISADOS 460Ks DE MARISCO






Axentes da Garda Civil do posto de Sanxenxo, en colaboración con axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, levaron a cabo onte pola mañá un operativo que se saldou co comiso de 460 quilos de ameixa xapónica, distribuída en 23 sacos de 20 quilos cada un. Esta mercadoría foi requisada porque non estaba debidamente documentada e parte dela non era de talla regulamentaria.
O operativo, organizado pola Garda Civil, tivo lugar ás 8:15 horas desta mañá na glorieta de Vinquiño e nel participaron 3 axentes da Benemérita que, tras deter o vehículo que transportaba o marisco, contactaron co Servizo de Gardacostas, que incorporou ao operativo a outro axente que se fixo cargo da mercadoría comisada. Esta foi finalmente trasladada ás instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa. O obxectivo é o de conservar a mercadoría e analizala para comprobar se pode ser resementada nalgunha praia con todas as garantías.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.