Axentes da Policía Nacional adscritos á Udyco de Galicia detiveron estes días en Cambados a unha muller reclamada en Brasil por tráfico de drogas. Trátase dunha cambadesa que en mayo do ano pasado foi detida xunto a outras catro persoas pola Policía Civil Estatal de Brasil cando pretendía viaxar con máis de 15 quilos de cocaína na súa equipaxe.
O xuíz enviouna a prisión cun réxime de semiliberdade que lle permitía saír do centro penitenciario durante o día e regresar pola noite, o que aproveitou para fuxir do país, momento no cal revogouse o trato favorable. As autoridades brasileiras emitiron unha Orde Internacional de Detención e Entrega por quebrantamento de condena e, a través da Interpool, expidieron unha reclamación de extradición.
Trala súa detención no seu municipio natal, a muller pasou a disposición do Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional.
Agencia EFE
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.