Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de mayo de 2014

OPERARIOS MUNICIPAIS AO SERVIZO DUNS POUCOS?








Xa publicamos hai dias que as ordenanzas de ornato e limpeza non van con certos membros do equipo de governo do concello de Cambados nin cos seus familiares. 
A risco de resultar repetitivos temos que denunciar máis feitos.
Como exemplo so tedes que ir dando un paseo pola avenida da Pastora onde certa finca prácticamente abandonada bota por fora vides e silvas a partes iguais facendo que os transeúntes teñamos que ir polo medio da rúa para evitar meter nos ollos esas herbas. As fotografías son recentes pero de non cortar polo sano chegarán ao chan coma todos os veráns.

Hai dous anos un operario do concello procedeu á limpeza do muro subíndose enriba co perigo de caer. Descoñecemos se por iniciativa propia ou mandado por alguén, pero despois de ver como a nai dun concelleiro "supervisaba" as labores de limpeza doutras propiedades desa mesma familia dubidamos que sexa por iniciativa propia.
Señor alcalde e membros do equipo de goberno, vostedes deberían dar exemplo do que predican sen embargo parece que os empregados municipais son so para vostedes ou alo menos para parte, e non para traballar para todos os cambadeses. 

Unha das rúas que conducen a un dos emblemas do turismo de Cambados debería estar moito máis coidado.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.