Na entrada dos xulgados onde 12 mozos están a ser xulgados, acusados dos delitos de desordes públicas, danos, atentados contra a autoridade e lesións, poidose escoitar a un grupo de xente berrar consignas conta os acusados.
Eran poucos pero se fixeron oír. “Pueblerinos” ou “gallegos de mierda” foron os insultos que recibiron as 12 doce persoas xulgados polos altercados nunha marcha en defensa do galego, así como outro grupo de persoas que se concentrou diante dos xulgados de Santiago no seu apoio.
Eses que se din tan tolerantes e respetuosos de "Galicia Bilingüe", brazo lingüístico da dereita,foron os autores dos improperios.
Os once presentes máis un en rebeldía están acusados de contramanifestar e provocar altercados en 2009 nunha manifestación onde Galicia Bilingüe reclamaba poder escoller a lingua de escolarización.
Na sala negaron ter participado nos enfrontamentos coa policía e a súa intervención nos danos no mobiliario público. A maioría recoñeceu que estaba en Santiago para participar nunha manifestación a favor do galego pero que descoñecían que houbese outra de Galicia Bilingüe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.