Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2014

CIRCUITO DE CONCERTOS DA DEPUTACIÓN




A Deputación de Pontevedra presentou hoxe o circuíto de concertos de nove artistas galegos que achegarán a todas as comarcas da provincia, de maio a setembro, actividades culturais que moitos concellos medianos e pequenos teñen dificultades para levar ao seu contorno.

No circuíto intervirán os cantantes e grupos seguintes: Amancio Prada, Luis Emilio Batallán, Menú do Día nas Prazas -o espectáculo de humor, debuxo e música que desenvolven Budiño, Carlos Blanco e Luis Davila-, Roi Casal, Treixadura, María do Ceo, Óscar Ibáñez, Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo, que acompañaron hoxe ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, na presentación do evento e agradeceron e loaron a iniciativa da Deputación.

Louzán destacou que "esta actividade complementa as actuacións do Plan Cultural, co que garantimos preto de 2.000 actuacións nos 62 concellos da provincia". Lembrou que no Plan Cultural da Deputación, que ten un orzamento dun millón de euros, participan este ano 1.244 grupos, formados por unhas 30.000 persoas. "Agora, sumamos outras 33 actuacións de grupos e cantantes profesionais galegos que levarán a nosa cultura a todos os recunchos da provincia".
O presidente da Deputación dixo que a iniciativa era un xeito de apoiar aos grupos e cantantes galegos que pasan por momentos difíciles a causa da crise económica e, de paso, "un  apoio á promoción da nosa cultura a través dos músicos".
As actuacións levaranse a cabo en prazas e auditorios de vilas da provincia, entre maio e setembro, e ten un orzamento de 150.000 euros.
Na comparecencia pública, Roi Casal, que agradeceu a implicación da Deputación na iniciativa, sinalou que "a algúns éncheselles a boca falando e defendo a cultura galega, cando accións como esta da Deputación de Pontevedra é un apoio real a ela". Batallán afirmou que "a cultura á tan necesaria como comer" e congratulouse da iniciativa do Parlamento galego de incluír o  portugués nas escolas como xeito de ampliar a promoción da cultura galega.
Amancio Prada destacou "a grandeza de miras da Deputación" e anunciou que presentará nas súas actuacións o concerto escénico que, dirixido por José Luis Gómez, estreou no Teatro Español de Madrid sobre os Seis poemas galegos de García Lorca. María do Ceo dixo que cantará fados e poemas musicalizados de Díaz Castro, o poeta guitiricense ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Budiño anunciou que o espectáculo, que co grupo Menú do Día  nas Prazas levará a cabo, será moi novidoso e integrará o humor de Carlos Blanco, a súa música e os debuxos do debuxante Luis Dávila. O brasileiro Gustavo Almeida mostrará obras do seu disco Desde el coche e Treixadura, que no 2015 cumpre 25 anos, estreará, nunhas actuacións que implicarán a 15 músicos en escena e 7 técnicos, cancións do seu sexto disco, que será editado a finais de ano.
Pola súa banda, Óscar Ibáñez e As Cantareiras de Ardebullo mostrarán "o mellor do seu repertorio".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.