Para
Greene a súa primeira visita a Galicia – si descontamos a súa estancia
en Coruña cando era moi pequeno- permitiulle poder coñecer de primeira
man o territorio no que se producen estes viños, que xa coñecía e
apreciaba, así como o proceso de cultivo e elaboración a través dunha
cata de viños Rías Baixas e a visita a varias adegas nas que ver a
viticultura tan diferenciada que fai única esta denominación de orixe.
A
cata, que tivo lugar esta mañá no Pazo de Mugartegui, incluíu as marcas
de Rías Baixas da campaña USA que impulsa o Consello Regulador nese
país para seguir apoiando e incrementando a exportación no mercado
estadounidense. Unha cata que lle servió a Greene para tomar contacto
coa anada 2013 cuxos viños cualificou de moi bos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.