Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN DE LOUZÁN ESTÁ QUE SE SAE




A Deputación de Pontevedra decidiu hoxe, na súa Xunta de Goberno, suprimir a celebración da Gala do Deporte provincial e destinar os seus fondos, complementados con outros, a apoiar a deportistas individuais mediante becas e a clubs en situacións excepcionais.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, xustificou a medida adoptada en que "xeneralizouse a celebración deste tipo de galas, a nivel municipal e autonómico, así que, nunha conxuntura como a actual o mellor é apoiar a quén de verdade necesita axudas que son os deportistas individuais e os clubs".
Louzán afirmou que "non queremos unha Gala Provincial do Deporte a maior gloria dos políticos senón que queremos apoiar e axudar a quén, de verdade, o necesita".

Segundo explicou, moitos destacados deportistas individuais da provincia teñen dificultades de desprazamentos, prácticas, etc. nunha situación en que as empresas patrocinadoras restrinxiron as súas axudas e colaboracións.
Na súa comparecencia, Louzán informou que esta nova iniciativa da Deputación no eido deportivo viña a sumarse aos 2 millóns de euros que xa destina ao apoio da actividade de todos os clubs federados da provincia (con axudas baremadas que oscilan entre os 600 e os 45.000 euros) máis outros 400.000 € para clubs federados que non teñen asignación precisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.