Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de marzo de 2014

XUVENTUDES SOCIALISTAS PIDEN QUE CAMBADOS SE SUME A "A HORA DO PLANETA"







As XSG Cambados lembran que consiste nun xesto simbólico que impulsa a nivel
mundial a Organización Ecoloxista WWF, e que este ano terá lugar este sábado 29 de
marzo, de 20:30 a 21:30 horas.
Os mozos e mozas socialistas fan un chamamento aos galegos e galegas, e aos
diferentes Concellos para que se sumen tamén a esta e aposten pola eficiencia enerxética.


As Xuventudes Sociaslitas de Cambados anunciaron no día de hoxe que unirán as súas voces
coas de centos de millóns de persoas e moitísimas organizacións e Concellos de todo o mundo en
defensa do medio ambiente, nesta oitava edición da “Hora do Planeta”.

O secretario xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, declarou que “esta gran iniciativa é unha
mostra de que se se quere, pódense conseguir cambios reais e conquerir un futuro máis sostible.”
“Pretendemos alcanzar o compromiso dun cambio global e reivindicar un novo modelo enerxético
baseado nas enerxías renovables.”

Así mesmo, considerou que “os Concellos teñen un papel protagonista na loita contra o
cambio climático, e que a acción local é imprescindible para camiñar cara a o reto do
desenvolvemento sostible. “As Administracións Públicas deben ser as primeiras en apostar pola
eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións contra o cambio climático”.
Porén os mozos socialistas cambadeses anunciaron que “no día de hoxe instamos ao Concello de Cambados gobernado polo Partido Popular a sumarse a esta iniciativa e que demostre así o seu compromiso real e implicación coas propostas medioambientais levadas acabo por grandes Organizacións de referencia no mundo.”

 As Xuventudes Socialistas fan un chamamento á cidadanía e ás diferentes
administracións para que se sumen tamén a esta iniciativa, apostando ademais pola eficiencia
enerxética, e comprometéndose a adoptar medidas de aforro enerxético nos edificios e instalacións municipais. Poñemos de relevo tamén que “cada ano, moitísimas cidades de todo o
mundo amosan o seu apoio á devandita campaña apagando as luces dos seus principais
monumentos e edificios.”
Así mesmo, entendemos que “dende a Administración Pública Municipal pódense e débense
impulsar boas prácticas nas empresas e na poboación galega, incentivando o consumo
responsable e o uso responsable da electricidade”
Para concluír, os responsables das XSG censuraron “a falta de compromiso dos gobernos
do Partido Popular, dos Sres. Rajoy e Feijoo na loita contra o cambio climático, poñendo sobre a
mesa a nova regulación do sector eléctrico, entendendo que España e Galicia están a camiñar na
dirección contraria á normativa europea e a numerosos países europeos que están a apostar
polas enerxías renovables como sector enerxético estratéxico.”









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.