Os socialistas de Cambados presentan unha batería de preguntas para ser respondidas no vindeiro Pleno Municipal
O Grupo Municipal Socialista de Cambados vén de presentar no día de hoxe unha serie de preguntas para poder obter resposta no vindeiro Pleno Municipal que terá lugar o próximo xoves. Así, as preguntas presentadas tocan diferentes temas da realidade cambadesa.
Por unha parte, os socialistas queren saber como é posible que unha familia teña que demoler a súa vivenda construída que contaba cunha licenza de obras para “vivenda unifamiliar” outorgada pola Comisión de Goberno pero que segundo o informe do Servizo de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non contaba cun expediente de autorización para a construción da vivenda tal e como esixe a ordenanza reguladora do solo non urbanizable.
Outro dos temas sobre o que os socialistas cambadeses queren obter resposta é o caso dos hostaleiros da vila aos que se lles cobra por duplicado a taxa do lixo por estar exercendo unha dobre actividade cando non figuraban como debedores no ORAL e mesmo se lles chegou a embargar esa cantidade da conta bancaria sen notificación previa.
Ademais, os socialistas están preocupados polos problemas que a Estación Depuradora de Augas Residuais situada en Covas de Lobos está causando aos veciños de Vilariño polos ruídos e os malos cheiros xerados, polo que instan ao Concello a levar a cabo as actuacións pertinentes para poñer solución a estes problemas.
Os socialistas tamén levan a Pleno o feito de que o Concello de Cambados sexa dos poucos que non utiliza etiquetas inviolables nos documentos presentados no Rexistro Municipal, unha forma máis sinxela e transparente de levar a cabo as labores administrativas.
TODAS AS PREGUNTAS
1.-Cal é o motivo polo cal no Rexistro de Entrada e Saída do Concello de Cambados segue a usarse o selo rexistral e non se fai uso das pegatinas inviolables dos que sí xa se fai uso para o portelo da Xunta de Galicia?
2.- Ten pensado este Concello implantar este método moito máis transparente é comodo para o Rexistro, tendo en conta que o custe da implantación deste método apenas é significativo?
En caso afirmativo, Cando? En caso negativo, Por qué?
Sobre Estación Depuradora de Augas Residuais ........
3.- Cales son as causas destes ruídos e cheiros?
4.- Estaban previstos estes inconvintes cando se realizou o proxecto da planta?
-En caso afirmativo, ¿Por qué se levou a cabo o proxecto sen solucionar previamente os problemas, sabendo cales eran os inconvintes?
-En caso negativo, Por qué non se tomaron as medidas para corrixilos unha vez detectados?
5.- Ten previsto este concello levar a cabo algún tipo de actuación para solucionar estes problemas?
En caso afirmativo especifique, procurando ser o máis concreto posible, cales son as medidas previstas e cando se pensan levar a cabo.
3.- Cales son as causas destes ruídos e cheiros?
4.- Estaban previstos estes inconvintes cando se realizou o proxecto da planta?
-En caso afirmativo, ¿Por qué se levou a cabo o proxecto sen solucionar previamente os problemas, sabendo cales eran os inconvintes?
-En caso negativo, Por qué non se tomaron as medidas para corrixilos unha vez detectados?
5.- Ten previsto este concello levar a cabo algún tipo de actuación para solucionar estes problemas?
En caso afirmativo especifique, procurando ser o máis concreto posible, cales son as medidas previstas e cando se pensan levar a cabo.
Sobre as dobres Taxas do Lixo
6.-Cal é o motivo polo que non aparecían hosteleiros coma debedores e aparecía como que estaban ó corrente do pago no ORAL?
6.-Cal é o motivo polo que non aparecían hosteleiros coma debedores e aparecía como que estaban ó corrente do pago no ORAL?
7.- Por qué a algún destes hosteleiros se lle decretou o embargo da conta bancaria polo importe adebedado, sen que existise ninguna outra notificación de por medio, conforme adebedaban una cantidade por este concepto?
8.- Cómo é posible que un dos hostaleiros afectados acuda ó Concello para que lle sexa aclarado este recibo e este embargo, e non exista persoa no Concello que lle poida explicar e aclarar que se trata dun recibo atrasado porque exerce una dobre actividade, tampouco se lles explica a que se debe o embargo da conta, máis aínda cando ten interposto un recurso que debería ter paralizado o cobro ata que fose resolto, pero sí que se explica días despois ós medios de comunicación? Acaso un veciño de Cambados non ten dereito a enterarse do que debe ou non debe pagar por calquer concepto dirixíndose sinxelamente ó Concello, senón que ten que enterarse días despois pola prensa?
9.-Esíxelle a doble taxa do lixo a todos los hoteis que teñen cafetería ou restaurante aberto ó público? Cal é o motivo polo que non se lle esixe a todos?
10.-Aplícaselle tamén a outros establecementos con doble actividade ou só ós hoteis?.Sobre as Licenzas de Obra e posibles demolicións
11.- A que se debe que se concedera unha licencia municipal por parte da Comisión de Goberno sen que existise a preceptiva autorización autonómica?
12.- Cal foi o motivo polo que a licencia foi solicitada o día 4 de xuño de 2002, pero non foi concedida ata o día 30 de xuño de 2003, máis de un ano despois?
13.- Xa presentaron os propietarios solicitude de responsabilidade patrimonial contra o Concello de Cambados?
14.- Cando se vai iniciar o expediente de revisión de oficio requerido pola Axencia de protección da legalidade urbanística, conforme ó artigo102 da Lei 30/1992 para proceder á anulación do acordo de concesión de licenza municipal por ser o seu contido nulo de pleno dereito por tratarse dun solo non urbanizable de Protección de Zonas de Cultivo e da Paisaxe Agrícola carecendo ésta de autorización autonómica?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.