![]() | |
| Así quedou a árbore aos poucos dias |
En Cambados Luís Aragunde, alcalde por obra e gracia "del pueblo" este ano non fixo o ridículo de prantar ningunha árbore coma o ano pasado no parque de Torrado que durou menos en pé que un doce a porta dun colexio. Sexa polo que sexa nun mes a árbore de Aragunde morreu.

Co gallo desta xornada, a Xunta destaca a importancia económica e ambiental dos montes galegos e chama ao seu coidado e mantemento para evitar, por exemplo, os incendios.
Galicia conta cunha superficie forestal de dous millóns de hectáreas, as tres cuartas partes do territorio da nosa comunidade. A Xunta destaca a importancia da industria da madeira galega, que factura uns 1.800 millóns, tamén o aproveitamento dos montes para biomasa, pastos... e a importancia dos bosques para mellorar a calidade do aire e da auga.
Este 21 de marzo é tamén o Día Meteorolóxico Mundial. As instalacións de Meteogalicia estarán abertas para os cidadáns interesados en coñecer como se fan as predicións do tempo e que aparellos se usan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.