Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de enero de 2014

UNHA COUSA E PREDICAR E OUTRA DAR TRIGO





Turismo Rías Baixas (dependente da Deputación) presentou dias atrás en Fitur a oferta turística da provincia, centrada esta vez no turismo cultural e co afán de atraer á provincia a un tipo de visitante que cada día é máis numeroso e cun alto poder adquisitivo.
Nun acto presentado pola xornalista galega afincada en Madrid Pilar Falcón a Deputación de Pontevedra aproveitou o "magnífico escaparate" que representa esta feira internacional para promover dúas novas rutas que a Administración provincial pon agora en marcha e coas que se pretende "encandilar ao visitante".


Trátase da Ruta dos Castros e da Ruta dos Castelos, dous itinerarios que, en palabras do presidente da Deputación provincial, representan unha extraordinaria maneira de achegarse á "historia da provincia de Pontevedra e desta cidade única que se chama Galicia".
As dúas rutas contaron cos seus propios vídeos promocionais –que se poderán seguir a través da web da Deputación– e conforman "un magnífico escaparate para todos os que queiran adentrarse na cultura e identidade de Galicia" que, a xuízo de Louzán, "teñen que facer esta visita inescusable ás Rías Baixas".
A Ruta dos Xacementos fai un percorrido polos 16 castros que a Deputación de Pontevedra está poñendo en valor, cuns traballos de limpeza, sinalización e restauración, mentres que a dos Castelos inclúe construcións coma o castelo de Sobroso, o de Soutomaior ou o de Salvaterra, así como a reconstrución da fortaleza de Monte Lobeira.

E curioso que queiran potenciar estas rutas e cando aparecen novos xacementos tápanse (como pasou recentemente cos restos aparecidos na Torre en Cambados) e os que hai a vista carecen do mínimo mantemento. 
Por certo estes dias Louzán acompañado do alcalde Miguel Perez visitou "Adro Vello" no Grove para decatarse do estado lamentabel no que se atopa. Agora van a coidalo, ata que pasen uns meses e quede todo coma sempre en promesas. 
Si de verdade queren potenciar esta parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa paisaxe non deberían de procurar dar a coñecer todo aquelo que nos recorde a nosa historia?. Conservalo i estudalo?.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.