Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2015

A XUNTA PRETENDE GASTAR 12 MILLÓNS DE EUROS EN NEVE ARTIFICIAL





Despois dun intento fallido en 2006, polo informe desfavorable da entón Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Estación de Esquí e Montaña de Manzaneda volve á carga cun proxecto de innivación artificial para as súas pistas.

Xa hai un cuarto de século, cunhas condicións climatolóxicas menos desfavorables para os deportes de neve que as actuais e moito mellores que as do futuro próximo, a Estación de Inverno de Manzaneda SA (MEISA) era unha empresa privada ruinosa por falta de neve que os seus propietarios conseguiron “colocar” á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense.

Continuando co despropósito desta estación de esquí sen neve, na actual situación de crise económica e recortes draconianos do estado do benestar (sanidade, prestacións desemprego, pensións, educación, cultura,...) resulta incomprensible e indignante que se pretendan depilfarrar máis de 12 millóns de euros nun proxecto sen as máis mínimas garantías de viabilidade técnica, ambiental e económica. Así, na documentación recibida por SGHN en soporte informático:

Non se contempla a alternativa cero de non execución do proxecto.
Plantéxase a construción dunha balsa de almacenamento de auga cunha capacidade de 50.000 m3 coa que alimentar o sistema de xeración de neve artificial para a innivación de 7.187 m de pistas, cunha superficie de 239.050 m2 e un orzamento de 12.046.158 € de fondos públicos.
Discútense os efectos do cambio climático tanto sobre a vexetación potencial como sobre o papoazul Luscinia svecica pero, sorprendentemente, non se fai mención algunha sobre os efectos que tería sobre o rexime de chuvias e de temperaturas na zona, malia a súa importancia transcendental para a dispoñibilidade de auga e a viabilidade técnica e económica do proxecto.
Á vista destes feitos, SGHN ven de solicitar (PDF) que se desbote totalmente o proxecto. No caso de que se desestime dita solicitude, SGHN pide que o Estudio de Impacto Ambiental avalíe:

A alternativa cero de non execución do proxecto.
Os efectos do cambio climático sobre a viabilidade técnica, económica e ambiental do proxecto.


Fonte:SGHN


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.