Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de enero de 2014

OS ESFORZOS DE LOUZÁN NON DAN OS SEUS FROITOS





O mes de decembro deixou no Salnés 152 persoas máis no paro con respecto a novembro. Unha cifra positiva ou negativa segundo o filtro co que se mire, xa que se o comparamos con decembro do ano pasado, a comarca conseguir frear case a metade a sangría do desemprego.

No conxunto de Galicia, malia subir o paro en 209 persoas o último mes, conseguiuse reducir en 7.724 o número de parados con respecto a decembro de 2012. Os sindicatos recoñecen que o 2013 rematou mellor que o ano anterior, pero aínda non se poden botar as campás ó aire. 
A principal preocupación: a caída da afiliación á seguridade social en Galicia fronte ó comportamento de España, onde subiu. Preocupación tamén polos novos licenciados. Xente nova que en lugar de anotarse nas listas do INEM opta por probar sorte fóra. Se analizamos o comportamento do paro por concellos, atopamos excepcións a esa suba do paro. 

É o caso de Vilagarcía, onde se crearon 54 postos de traballo en decembro, ou Sanxenxo, con 13 persoas que atoparon traballo e tres en Ribadumia. No polo oposto Cambados con 71 persoas quedaron no paso o pasado mes. A explicación: o pulo do sector servizos en Nadal e a caída de construción, industria e agricultura. A maiores os sindicatos seguen alertando sobre a precariedade dos contratos que se asinan na actualidade, precariedade favorecida, aseguran, pola última reforma laboral.

A pesares dos esforzos da Deputación o paro subeu en Pontevedra en 248 persoas. Imaxinade que os centos de operarios pagados pola Deputación que entraron nos Concellos da provincia e os 500 bolseiros contratados polo organismo provincial a provincia de Pontevedra rondaría os 1000 parados máis.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.