Polo que se desprende da nota de prensa da Xunta.
Aumentan os negocios nunha rúa de Cambados por arte de maxia. Enganarán aos que non coñecen Cambados porque a xente de Cambados non os enganan con palabrería de feira.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá Cambados para comprobar o remate das obras executadas na rúa Isabel II, na confluencia coa praza Ramón Cabanillas, que tiveron como obxectivo final a humanización e mellora da mesma de cara á dinamización do comercio local do seu entorno.
No acto estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde.
Cores Tourís recordou que os traballos que hoxe visitaron son unha realidade grazas ao interese da Consellería de Economía e Industria de traballar en pro da revitalización do comercio de proximidade e da creación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes.
En concreto, na rúa Isabel II, instalouse un asentamento adoquinado de lastras e dotouse de beirarrúas de granito, habilitándose zonas de carga e descarga e aparcadoiros para discapacitados. “Non podemos esquecer que co paso dos anos”, explicou pola súa banda Luis Aragunde, “esta rúa presentaba un pavimento moi bacheado que dificultaba o paso dos peóns e repercutía de forma negativa nas actividades comerciais deste entorno. Agora dá gusto pasear por Isabel II e acercarse ata aquí para comprar”.
A estes dous persoaxes hai que lle decir que nesa rúa que se arranxou en concreto so hai un pub, unha copistería, un bar e unha papelería. Se contan os baixos onde houbo negocios e negocios en ruas aledañas non so hai 17 poderíanse contar ata 50.
En resumo arranxan unha rúa e danlle vida a medio povo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.