Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de diciembre de 2013

UN ANO DE CONTRASTES





A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, vén de publicar o avance do informe climatolóxico deste ano, no que se presenta a descrición climatolóxica que caracterizou o 2013, no que se pode indicar que este 2013 foi un ano de contrastes, rexistrando o maio máis frío dende 1984 e o mes de xullo máis cálido dende 1981.

En relación ás temperaturas, no mes de xaneiro foron suaves, pola contra, dúas entradas de aire frío, que viñeron acompañadas de neve en cotas baixas, fixeron que febreiro resultase frío. No documento, o mes de abril sobresaíu polas temperaturas máximas rexistradas a finais de mes con valores que superaron os 30ºC en vales do interior.
Os meses de agosto, setembro e outubro presentaron valores de temperatura máis altos do agardado e deron paso a un novembro frío. Decembro presentou temperaturas moi baixas na primeira metade con fortes xeadas no interior.
Precipitacións
 
No eido das precipitacións, o ano comezou cun mes de xaneiro con chuvias abondosas, destacando a chegada a Galicia da cicloxénese explosiva denominada Gong. Tras un febreiro seco, o mes de marzo presentouse moi chuvioso debido á continua presenza de baixas presións no Atlántico norte. En abril, concretamente o día 10, recolléronse máis de 100 L/m2 en moitas localidades galegas.

De maio a agosto as precipitacións foron en xeral escasas, destacando unicamente xullo no que se rexistraron chuvias cuantiosas concentradas unicamente en dúas xornadas. O mes de setembro foi de gran contraste entre o norte, máis seco, e o sur da comunidade, deu paso a un outubro húmido, no que destaca a xornada do 21, novamente con valores por riba dos 100 L/m2. En novembro o tempo estivo seco agás no norte e leste da provincia de Lugo e un principio de decembro con ausencia de chuvias, a segunda metade caracterizouse por predominio dos ventos de compoñente oeste e a presenza das chuvias.
 
Anomalías
Como se indicaba antes, no mes de maio houbo un predominio en Galicia de situacións anticiclónicas, o que explica que as chuvias non fosen en xeral moi cuantiosas, pero os anticiclóns non conseguiron en ningún momento do mes achegar aire cálido dende o sur e, polo tanto, as temperaturas asociadas a estes períodos foron en xeral bastante discretos. As chuvias soamente acadaron os valores normais nun mes de maio no norte, por mor dos ventos que foron predominantes nesa compoñente. Foi o maio máis frío dende 1984, cunha anomalía negativa de 2ºC. Respecto ás precipitacións, resultou un mes seco na maior parte de Galicia.
Por outra banda, o mes de xullo caracterizouse en xeral pola presenza das altas presións ao norte da península Ibérica, co conseguinte arrastre de aire cálido procedente do norte de África. Este anticiclón soamente moveuse na derradeira semana do mes, aínda que a mediados do mesmo chegou aire frío en altura que deixou un importante episodio de treboadas. Con estes factores, o mes resultou ser o máis cálido dende o ano 1989, cunha anomalía positiva nas temperaturas medias de 2 ºC.
En canto a precipitacións, moi irregular, con áreas máis afectadas polas tormentas onde se rexistrou chuvia en exceso e outras onde estas precipitacións estiveron por debaixo do agardado. En conxunto un 30% inferior aos valores normais, destacando o baixo número medio de días de chuvia que foi de 2.
Durante o mes de outubro a presenza de baixas presións no Atlántico e ventos do suroeste fixo que as condicións meteorolóxicas estiveron caracterizadas polas chuvias, pero tamén polas temperaturas elevadas, particularmente no caso dos valores mínimos. No día 28 o paso da cicloxénese explosiva Christian, aínda que non moi preto de Galicia, deixou refachos fortes e chuvias por momentos intensas pero de menor entidade cas do 21. O número medio de días de chuvia foi de 16.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.