Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2013

TEMPORAL DE NIVEL LARANXA






A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afecta durante toda a xornada de hoxe á costa noroeste e oeste da provincia da Coruña e a todo o litoral da provincia de Lugo, con ondas que acadarán entre os cinco e o seis metros de altura. Está previsto que a alerta laranxa siga en activo durante a xornada de mañá na Coruña e a partir das seis da tarde en Lugo e en Pontevedra.

A Coruña
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta laranxa por temporal costeiro afectará durante toda a xornada de hoxe e mañá ao litoral noroeste e oeste da Coruña. A partires das 18,00 horas de mañá, sábado, está previsto que a alerta laranxa costeira estenda tamén ao suroeste desta provincia.

Lugo
Toda o litoral de Lugo permanecerá en alerta laranxa durante a xornada de hoxe. Está previsto que remita durante a noite e a mañá do sábado, para volver a nivel laranxa a partires da media tarde de mañá por temporal costeiro nesta zona.
Pontevedra
Pola súa banda, o temporal estenderase ao litoral de Pontevedra a partires das seis da tarde de mañá, quedando nese momento toda a costa galega en alerta laranxa.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.