O Xuventude Conservas de Cambados, unha vez superada a súa xeira negativa de resultados gañando ao Araberri no Pombal, enfrontarase a outro conxunto vasco coa intención de ascender postos cara á zona cómoda da táboa.
Os amarelos visitan a cancha do Azpeitia (domingo 18:00 horas), un equipo vinculado ao Guipuzkoa Basket de ACB e que ao igual que os de Cambados conta cun balance de catro vitorias e seis derrotas.
Tras esta xornada a Adecco Prata para ata a primeira fin de semana de 2014, na que o Xuven enfrotarase ao Amics Castelló no Pombal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.