Fai uns dias Louzán comentara a posibilidade de traer de novo La Vuelta as nosas terras, e a Radio galega ven de confirmar este extremo pero sen concretar moito máis.
La Vuelta 2014 terminará en Compostela. Será o vindeiro 14 de setembro, domingo, cunha etapa contra o reloxo individual. Antes, ata tres etapas máis transcurrirán polas estradas galegas.
Unipublic colleulle gusto ás etapas galegas, e as deputacións, sobre todo Pontevedra, poñen os cartos que fan falla para que toda a caravana ciclista se traslade ao Galicia. Tantos cartos que a organización trocará o tradicional remate no Paseo da Castellana polas rúas compostelás. Sería na praza do Obradoiro, aínda que, como na pasada edición, falase da posibilidade de subir ata a Cidade da Cultura. Louzán estase a frotar as mans e algún empresario amigo tamén.
Segundo contou este domingo a Radio Galega, haberá dúas etapas pola provincia de Pontevedra; outra con remate nos Ancares, na que se subiría o xa mítico Pan de Zarco pola vertente lucense (doce quilómetros ao 9,25%); e a derradeira, contra o reloxo que pode ser decisiva, con remate en Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.