A Mancomunidade do Salnés aprobará mañá en pleno o orzamento previsto para o vindeiro ano que ascende a 2.450.000 euros, á falla de incluír as achegas doutras administracións para investimentos. Segundo esta previsión a Mancomunidade disporá dun 5 % máis para desenvolver os servicios conxuntos dos Concellos do Salnés. A Mancomunidade do Salnés presume de solvencia económica e de ser das mancomunidades que menos déficit ten.
O seu presidente Gonzalo Durán decíao hoxe na presentación do orzamento previsto
para o vindeiro ano 2014.
Con estes cartos, o ente comarcal seguirá apostando pola promoción do
emprego,a prestación de servicios comúns ós Concellos da comarca,
facer fincapé na promoción do Salnés como destino turístico e no
comercio exterior, amais da prestación dos servicios básicos actuais
como é o subministro de auga con maior eficiencia.
Nesta previsión económica non se inclúen as achegas que se farán desde
outras administracións para inversións e que, por lei, non poden estar
reflectidas neste documento. Agárdase que con elas o incremento do
orzamento supera o 5 % do exercicio anterior.
Neste apartado de inversións salientan o proxecto de Dinamización de
Áreas Rurais, o último pago dos terreos da EDAR de Ribadumia, proxectos a
cargo do Fondo de Compensación Ambiental e outros de aforro enerxético á
cargo do INEGA, como pode ser a remuda das bombas de propulsión de auga
no Monte Treviscoso.
Asemade continuarase ca prestación de servicios mancomunados exitosos
nestes últimos tempos como é o Centro Comarcal de Información á Muller
ou os servicios de bacheo, motoniveladora e limpeza de beirarrúas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.