Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2013

DE HERBA NATURAL A HERBA ARTIFICIAL





Os traballos, que incluirán a dotación de céspede artificial, 
súmanse ós realizados ata o de agora, coma a nova iluminación 
ou os vestiarios.
O presidente da Deputación visitou as obras do campo de fútbol de herba artificial de Príncipe Felipe, que se iniciaron hoxe, nas que a Administración provincial vai investir 500.000 €.
A empresa Covsa está a executar as obras, que non só permitirán unha notable mellora das instalacións deportivas senón que se aproveitarán estes traballos para solucionar definitivamente o problema da recollida de pluviais no barrio de Moldes, coa instalación de canalizacións e colectores de evacuación.
No terreo de xogo instalaranse 7020 m2 de céspede artificial de última xeración e marcarase para un campo de fútbol 11 (cunhas medidas de 100 metros de longo por 63 de largo) e para dous campos de fútbol 7 (de 63 por 45 metros).


Os lindes terán bandas de 2 metros de largo nos fondos e de 1,50 nos laterais, así como un peche perimétrico de aluminio e rede de nailon para evitar a perda dos balóns. A maiores, dotaranse as instalacións de novas porterías, bancadas de oito prazas, marcador electrónico e rede de drenaxe.

Rafael Louzán destacou que, con esta actuación, a Administración provincial dá un paso máis na dotación de instalacións deportivas á capital da provincia, "que segue carente" deste tipo de dotacións, moi necesarias e demandadas polos clubs e os veciños.


O presidente da Deputación asegurou que esta actuación –que se calcula que estará rematada nun prazo de 4 a 6 meses, dependendo das condicións meteorolóxicas– responde a unha necesidade e permitirá completar as melloras que se realizaron ata o de agora tanto na iluminación coma nas bancadas cubertas e nos vestiarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.