Historias, música e diversión para a xente miúda da casa
Nesta edición do programa, que xa é a sexta, os cativos de 0 a 6 anos e mais as súas familias poderán abrirse ao descubrimento do mundo en galego a través dun espectáculo pensado especialmente para eles, no que se mestura o teatro, a manipulación de monicreques e a música en directo. Os integrantes da compañía Caramuxo Teatro, pioneira en teatro para bebés en Galicia, farán partícipes a todos os asistentes da historia dunha pequena aldea que, coa sucesiva incorporación de casiñas, acaba por se converter nunha cidade.

Durante os 35 minutos de duración da actividade, a xente miúda da casa descubrirá os cambios que vivimos na vida cotiá e no noso contorno a través da súa curiosidade por saber quen e como serán eses novos veciños que se incorporan á aldea. A historia e a canción de Telmo, o equilibrista, que pasea entre as casiñas sobre un fino arame, ou a da gata de Marcelina, Rita, que vén de visita á hora da merenda, tamén xogarán co elemento sorpresa da xente miúda da casa.
Inscrición aberta para os encontros desta semana
“Os Axóuxeres” levarán o teatro e a música en galego para bebés a dous concellos da RDL durante a vindeira fin de semana. O domingo á mañá o espectáculo chegará ao Grove, cun pase na Casa da Cultura Manuel Lueiro ás 12:00 horas, e, xa pola tarde, rematará a semana en Vilagarcía de Arousa, en cuxo Auditorio se poderá gozar a partir das 18:30 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.