Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2013

FOLGA NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA






CCOO-Sanidade, CESM Galicia, O’Mega e CIG-Saúde convocaRON unha conferencia de prensa para hoxe, día 26 de novembro, para presentar as mobilizacións da folga da sanidade pública galega. Na convocatoria explicarán as mobilizacións que haberá en Galicia os días 8, 9 e 10 de decembro.  Intervirán os secretarios xerais das catro organizacións: Ángel Cameselle (CCOO-Sanidade), Cándido Andión (CESM), Víctor Crespo (O’Mega) e María Xosé Abuín (CIG-Saúde).
A folga no SERGAS chega entre continúas denuncias da privatización do sistema público mediante as chamadas "areas de xestión clínica". Segundo os sindicatos, grazas a este novo sistema por ver primeira a Xunta poderá deixar as mans de certos servizos de atención aos pacientes en mans de empresas. Isto abre a porta a recurtes salariales e despedimentos dos traballadores.
 
A ameaza da privatización pende, por exemplo, sobre a  planta número oito do CHUAC coruñés, onde se presta atención cardiolóxica. Os auxiliares de enfermería dese servizo convocaron un paro para o 28 de novembro. O risco de privatización pende tamén sobre varias áreas do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), onde o minoritario sindicato Traballadores da Sanidade Pública tamén covoca un paro para as datas citadas.
 
A nivel galego, a folga convocada polas centrais de traballadores máis importantescomezará o día 8 as 20 horas e rematará as 22 horas do día 10. Un dos motivos da protesta é o "repago" que agora deben asumir os enfermos crónicos polas medicinas obtidas nas farmacias hospitalarias


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.