Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2013

LOUZÁN FAI TRAMPAS PARA CONCEDERLLE UN TALLER ACTÍVATE A VILAGARCÍA





O plan conta cun orzamento de 102.200 euros e ofrecerá oportunidades de formación en diferentes ámbitos.

Un total de 1.174 mozos e mozas, de entre 16 e 35 anos, de 45 concellos beneficiaranse das actividades formativas do programa Actívate 2013 posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Na comarca de Arousa haberá 12 cursos formativos para mozos.
Con este plan, que conta cun orzamento de 102.200 euros, preténdese ofrecerlle á xuventude oportunidades de formación en ámbitos que resultan do seu interese e que poden contribuír a mellorar a súa capacitación, fomentar as relacións de cooperación e xerar novos modos de ocupación do lecer.

Desde CORES DE CAMBADOS NON NOS OPOÑEMOS A QUE VILAGARCÍA ENTRE NESTE PLAN, pero as bases son para o que son. Os beneficiarios son os concellos de menos de 15.000 habitantes Viagarcía entra porque Louzán debeu cansarse a o contar habitantes, (Vilagarcía ten máis do doble); as actividades formativas teñen unha duración máxima de 40 horas e abarcan áreas coma as novas tecnoloxías, a agricultura, a artesanía en papel, vidro e outros materiais, as actividades artísticas, as reparacións domésticas, bricolaxe, cociña ou servizos ás persoas, entre outras. As accións formativas contarán cunha parte eminentemente práctica para garantir unha mellor aprendizaxe.

AROUSA
•    A Illa de Arousa: a internet e o correo electrónico
•    Caldas de Reis: tapicería
•    Cuntis: herboristería, herbas medicinais
•    Meaño: aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios
•    Meis: cultivo agrícola, horticultura

•    Pontecesures: elaboración de páxinas web
•    Ribadumia: tapas, pinchos e canapés
•    Sanxenxo: atención e coidados básicos do neonato e o lactante, creación dunha horta ecolóxica
•     Vilagarcía de Arousa: cultivo agrícola, horticultura, e un curso de xogo infantil
•    Vilanova de Arousa: cultivo agrícola, horticultura


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.