Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2013

A XUNTA DE GALICIA AFUNDE AS ENERXÍAS RENOVABLES








Os socialistas galegos esixenlle  ao goberno galego que faga valer a posición estratéxica de Galicia como produtor de enerxía eléctrica para mellorar as tarifas dos usuarios. No debate dunha pregunta oral en Comisión,  “de enerxía sabemos, producimos e pesamos abondo como para ser escoitados na planificación estatal”

Os socialistas acusan a Xunta de amparar unha reforma eléctrica que en realidade “só favorece ás cinco grandes compañías españolas” mentres que resulta “catastrófica para o desenvolvemento das enerxías renovables no noso país”. Lembran que “nin as organizacións sectoriais da enerxía, nin as organizacións empresariais nin de consumidores avalan esta reforma”.

Advertin que o goberno galego “só se preocupou da reforma da enerxía ata que rematou o proceso de crear un novo imposto, a partires de aí se desentenderon do futuro do sector eólico galego, por non falar das outras renovables ás que nin poñen atención”. Explicou que “non se resolve o problema do autoconsumo, mesmo penalizando que os cidadáns busquen mecanismos para reducir o custe da enerxía eléctrica”.


Din os socialistas que o goberno galego deixou aos investidores galegos “sen capacidade de recuperar o investimento” en enerxía eléctrica a o eliminar as primas polos investimentos en enerxías renovables, mentres incrementan a factura eléctrica dos consumidores.

Engaden que a reforma do sector eléctrico “non aborda a resolución definitiva do déficit de tarifa, non contempla medidas para reducir o custe de produción de enerxía e renuncia a o liderado de España e Galicia nas enerxías renovables”.  “Dan a entender que o país camiña cara unha maior dependencia da enerxía producida por combustibles fósiles”.




A consecuencia é que un sector en expansión en Galicia, o das enerxías renovables, “vai ser freado pola política do goberno de castigar a tódolos investidores que participaron no último concurso eólico” e que, ao contrario que no resto das reformas enerxéticas, non recuperarán o seu investimento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.