Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2013

CALES SERAN AS EMPRESAS CONCESIONARIAS DAS POUSADAS DO SALNES?






O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe, nunha visita á Pousada de Meaño, a obra do escultor Paco Pazos, natural de Cobas, Meaño, que presidirá o edificio; anunciou, así mesmo, a inminente adxudicación dun proxecto, por valor de 250.000 €, para facer accesibles os espazos públicos da comarca e converter O Salnés na primeira comarca de Galicia en ter totalmente accesibles lugares de interese turístico e cultural coma praias, igrexas ou monumentos.

Louzán, o propio Pazos e o arquitecto das pousadas, Mario Crecente, destacaron que a obra do escultor de Cobas –construída en aceiro corten, que non precisa protección– simboliza e integra elementos claves da pousada: a escultura, de tipo abstracto, está feita de acordo coa estética da edificación e relaciona os socalcos do terreo, os viñedos e as ondas do mar de Arousa.
Louzán anunciou tamén que antes de mediados de novembro sairá a concurso a xestión conxunta das catro pousadas para seren adxudicadas globalmente –as catro a unha empresa– a primeiros do vindeiro ano e contar así coa previsión de que estean funcionando o próximo verán.

Destacou que hai varias empresas interesadas na xestión dos catro establecementos, "algunha delas ten máis de 100 hoteis por todo o mundo", dixo, e sinalou que a elaboración dos pregos do concurso é unha tarefa moi complexa "pois temos que poñer condicionantes para velar polo emprego, pola calidade, polos ciclos formativos e, en definitiva, pola sostibilidade e garantía de funcionamento do proxecto. A Deputación non pode recibir canon económico ó ser un proxecto desenvolvido con fondos europeos, por iso ten que incorporarse outro tipo de compensacións coma mobiliario, garantía de emprego, etc."




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.