Esto vai camiño de converterse nunha costume. Cada semán o rei mago Louzán concede a construcción de un novo campo de fútbol de herba sintética. Cartos hai poucos pero gástanse en campos de fútbol, Vuelta e outras cousas menos urxentes. Esta semán tócalle a Barro.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou a sinatura
dun convenio de colaboración co Concello de Barro para dotar o campo de
fútbol de céspede artificial de última xeración, cun orzamento de
494.354 €.
As obras consistirán na transformación do actual
campo de fútbol de terra nun campo de herba sintética e na dotación de
novas instalacións e equipamentos.
Para iso, a Deputación
achegará máis de 466.000 €, dos que preto de 444.354 estarán destinados á
execución das obras e case 22.000 á redacción do proxecto. Pola súa
banda, o Concello de Barro destinará 50.000 €.
Trátase dunha
iniciativa que ten por obxectivo corrixir as deficiencias do campo de
fútbol e dotar o concello dunhas instalacións deportivas nas mellores
condicións posibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.