Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de octubre de 2013

ROSA QUINTANA OU COMO DESTRUIR A PESCA EN GALICIA





Os afectados afirman que mentres Rosa Quintana andaba de xornada en xornada e do foro en foro dandose baños de masas cos cartos públicos os afectados se atoparon “sós a nivel político”. Pesimismo no sector "O futuro é negro". “Isto é unha ruína total”.

A flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano denunciou que a falta de compromiso político dos Gobernos español e galego está detrás da aprobación do acordo pesqueiro que ratifica a súa expulsión do país sahariano. O responsábel de CIG-Mar compareceu en rolda de prensa xunto a unha representación dos tripulantes para reclamarlle ao Goberno español e á Xunta que negocien novos caladoiros e alertou de que parte dos barcos están a ser xa despezados.


Xavier Aboi lamentou durante a súa intervención o feito de que os afectados se atoparon “sós a nivel político” e salientou que das catro forzan políticas con representación no Parlamento galego “unicamente o BNG se comprometeu coa flota galega dende o principio”. Criticou a actitude “titubeante” do PSOE, acusou o PP de chegar “tarde, mal e arrastro” e a outras formacións políticas de “amosar o seu apoio só a través dos medios de comunicación”.

Ao mesmo tempo, agradeceu o compromiso da veciñanza de Marín, “non así do seu goberno local”, antes de preguntarse que papel lle queda ao Estado español en Europa despois do sucedido onte na Eurocámara. “Ten sentido seguir dentro para seren unicamente man de obra barata?”, espetou.

Neste senso, explicou que a única saída que lle queda á flota é a explotación doutros caladoiros, para o que é necesario investir na adaptación dos barcos. Isto só é posíbel naqueles de maior tamaño, polo que varios armadores xa optaron polo despezamento a pesar de que nalgúns casos se trata de embarcacións que non chegan aos 15 anos (cando a vida media alcanza os 35).

Pesimismo no sector

“O futuro é negro”. “Isto é unha ruína total”. Así de contundentes se amosaron  dous tripulantes dos barcos galegos  para definir o que supón para eles a ratificación do acordo entre a UE e Mauritania que onte tivo lugar no Parlamento europeo por unha ampla maioría. A decisión enche o sector de pesimismo e incerteza, consciente de que perde o último gran caladoiro que lle quedaba á flota galega.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.