Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de octubre de 2013

O B.N.G. EN CONTRA DA SUBA DESPROPORCIONADA DO PREZO DA AUGA



NOTA DE PRENSA DO B.N.G.

O BNG sempre  comprendeu e aceptou, ata o de agora, que subir os impostos en función da variación do IPC (“sempre se incrementa, por certo”), era o  razoable. Se queremos unha sociedade con servizos públicos de calidade que cubran as nosas necesidades, compre a colaboración de todos/as aportando  os correspondentes pagos de taxas e impostos. Pero claro, este razoamento, só debe ser  aceptable se os nosos soldos ou ingresos soben, igualmente, en función do crecemento do IPC. Ao que non hai dereito é ao que está a facer o PP que conxela soldos ou os baixa, que elimina prestacións, pero sube os impostos segundo o crecemento do IPC (por certo, non para mellorar os servizos públicos) ou máis segundo lle conveña. Isto está levándonos a que cada vez sexamos máis pobres.
Isto é o que fixo onte, o PP, no Pleno da Mancomunidade do Salnés. Aprobou novamente unha subida da taxa do consumo da auga, por se a xente non lle chegou o incremento do recibo da auga deste ano. Vivimos nunha situación de crise extrema que coas medidas que está a tomar o PP, está a agravarse aínda máis. O que non pode ser é que aumente o paro e  baixen os soldos sen ter en conta, para nada, o incremento do nivel de vida, pero que si teñan en conta ese incremento á hora de subir os impostos. A onde nos leva isto?: inexorablemente, cara a pobreza.
Ante situacións excepcionais de crise coma a que vivimos tamén se deben tomar algunhas decisións excepcionais no beneficio da cidadanía. De conxelar os soldos, tamén se poden conxelar os impostos, aínda que sexa un  só ano. Semella que isto non entra dentro das políticas do PP.
Hai uns anos que o BNG alertou do que ía significar a nova Lei de Augas que ía impoñer o PP. Así que percorremos o concello para informar a veciños e veciñas de cal era a intención da nova Lei: o PP só buscaba incrementar a recadación. Lamentablemente desde hai uns meses puidemos comprobalo  cando nos pasaron os recibos. O PP, incluso, inventouse un novo canon para cobrarlle aos que non tiñan auga da traída. Realmente é un imposto encuberto onde están a cobran unha taxa fixa por ter un pozo de auga. Moitos comprobamos este ano o salvaxe incremento dos recibos de auga. Se isto non fora suficiente, onte aprobouse na Mancomunidade, co único voto en contra do BNG, o aumento no cobro do subministro de auga en función do incremento do IPC, calculado no 1´5. Agora si, os soldos non subirán.
A realidade de que, ano tras ano,  suban os impostos e baixen os soldos non é aceptable e o BNG estará en contra da utilización interesada de aplicar o incremento do  IPC só na suba impostos e non na suba de soldos e pensións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.