Os Socialistas de Cambados denuncian que, unha vez máis, o Partido Popular pon trabas á labor de oposición.
O Alcalde de Cambados, unha vez máis, pon trabas ó Partido Socialista para facer a labor de oposición que ten encomendada.
Os Socialistas de Cambados solicitaron por escrito e rexistraron a día 17 de xullo, un escrito pedindo o listado de gastos protocolarios do ano 2011 para facer unha comparativa cos do ano 2012. Desde esta data ata onte, como portavoz socialista, Fátima Abal acudeu en catro ocasións ó Concello para ver se o Alcalde daba permiso para que a interventora poidese sacar o listado.
Entendendo que o mes de agosto é un mes complicado e moitos traballadores municipais están de vacacións, o que sí é incomprensible e que estando a interventora, que ten acceso ós gastos do Concello, e o Alcalde, que é o que ten que dar o consentimento, éste derive a falar co Secretario do Concello, que “casualmente” esta semana está de vacacións e non está ata luns a mediodía.
Ésta é só unha máis, das moitas veces que este Concello ningunea á oposición , pois episodios coma éste, no que non se denega directamente a entrega de documentación municipal, porque non poden facelo xa que sería ilegal, pero sí se toma o pelo todo o posible, retrasando a entrega do que por Lei teñen obriga de mostrar, repítense máis a menudo do que nos gustaría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.