Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2012

XORNADAS GASTRONOMICAS VIEIRAS E ALBARIÑO


 
   
Xornadas Promocionais Gastronómicas


Albariño e vieiras contraerán matrimonio en Cambados os vindeiros 16 e 17 de marzo. Falamos das xornadas promocionais enogratronómicas que se celebrarán esa fin de semana no salón de congresos e exposicións José Peña. Na súa organización colaboran o Concello de Cambados, a confraría de Pescadores, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Ruta do Viño Rías Baixas, amais da Xunta e da Deputación de Pontevedra.

As xornadas inauguraranse o día 16 ás seis e media da tarde e entre as autoridades espérase contar coa presencia da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. O programa inclúe demostracións culinarias cos chefs Yayo Daporta, Pepe Solla e Tonino Botana e do sumiller José Aragunde. Tamén haberá charlas sobre a maridaxe de albariño e vieiras, o turismo enolóxico, ou os aromas do albariño, ademais dun taller de catas. Non faltará a música, cunha actuación o venres 16 do grupo de jazz Paco Charlín e o sábado 17 de Ballestrinque. Concertos que se acompañarán de charlas, degustación e exposición de albariños.
Durante as xornadas, algunhas adegas de Rías Baixas ofrecerán visitas guiadas e tamén hai aloxamentos que farán descontos ós asistentes. A asistencia ós dous días das xornadas custará 5 euros e a inscrición pode facerse xa na oficina de turismo de Cambados. Tamén se porán á venda, a cinco euros, entradas para asistir só ós concertos.

PROGRAMA ACTIVIDADES
Tralo acto inaugural, Ás 19 horas, na mesma sala de catas realizaráse un showcooking con elaboración de vieiras de Cambados a cargo dos chefs Yayo Daporta e Pepe Solla, estrelas Michelín, acompañados de David Barco, presidente da asociación galega de sumilleres (Agasu).
Ás 22.30 horas, no salón de congresos, Albariño e Jazz, combinando a música co viño. Actaución do grupo Paco Charlín Jazz Trío acompañados da intervención de Antonio Portela, vicepresidente de Agasu, que explicará as primeiras sensacións do albariño.
O sábado 17 iniciaráse a actividade ás 11 horas na sala do museo José Peña cunha xornada tecnica baixo o título Albariño: promoción del vino, turismo enológico y gastronómico, a cargo de José Antonio Cruz, director general de Entre Vinos (axencia experta en turismo enolóxico).
As 12 do mediodía obradoiro Vieira, volandeira e zamburiña, produtos de alta calidade das Rías Baixas a cargo do chef Tonino Botana, do Grupo 9. O taller estará dirixido por José Luis Aragunde, sumiller e finalista do concurso Nariz de Oro, que explicará as combinacións entre os bivalvos e diferentes albariños.
Pola trde, ás 18 horas, xornada técnica e cata guiada a cargo da enóloga Mar Vilanova, investigadora en enoviticultura e anoloxía do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Esta charla, titulada “Os aromas do albariño”, está enfocada ao coñecemento dos primeiros matices organolépticos do noso viño.
Ás 20 horas, taller de cata a cargo de Carlos Portela, vicepresidente de Agasu. As 22 horas degustación e exposición de albariños da D.O. Rías Baixas “Túnel do viño” e, para rematar as xornadas, concerto de música folk a cargo do grupo Ballestrinque.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.