Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de marzo de 2012

ACORDO CAMBADOS-PORTO SEGUE NO AIRE

          ACORDO CAMBADOS-PORTO SEGUE NO AIRE


Ricardo e Alfonso  con Sergio

Onte venres tivo lugar a segunda reunión dos pais e nais dos rapaces da base do Juventud de Cambados. Esta vez asistiron preto de 60 pais e nais para escoitar a os representantes do clube portugués. 


A parte do que xa comentamos en anteriores artigos( 6-3-2012 e16-2-2012) esta vez ALFONSO( parte social) e RICARDO(parte deportiva) representantes do PORTO sinalaron que no seu proxecto contan coa incorporacion de sicólogos, nuticionistas e pedagogos para axudar nas tarefas de crecemento, non so no eido deportivo tamén no fundamental, de facelos crecer coma persoas e axudar a facelos millores estudantes. Para poder xogar deben ter un bo rendimento escolar, algo que xa os pais facemos pero sen a axuda moi importante dos monitores deportivos, a os que as veces fan máis caso os rapaces. Para levar a cabo esta parte do proxecto habilitaríase unha das oficinas do J. Cambados no pavillón sen desbotar a idea de poder usar outros espazos (A Merced por proximidade). 


Partido dun equipo da base.
Cada pai con dúbidas preguntou sobor desas dudas pero a pregunta recurrente en moitos casos era o custo. Se na outra reunión falábase de preto des 400-450 euros nesta reunión especulouse coa posibilidade de axustar un pouco o custo á delicada situación económica que esta a afogar a moitos fogares.


Varios pais falaban que ata 350 euros podían chegar, facendo un esforzo e sopesando o que o clube luso ofertaba.


Rapaces saudando o remate dun partido.
Na vindeira Semana Santa terá lugar un campus para os rapaces do Cambados a cargo de monitores do Porto, para que coñezan os pais e os rapaces como traballan na escola do clube protugués. Será  unha forma dedarse a coñecer por parte dos membros da DRAGON FORCE (nome do proxecto)


Despois de esa experiencia será o momento de decidir cal será a decisión dos pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.