Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2012

TOUROS E FUTBOL







Lemos na prensa que Rafael Louzán un home austero coma pocos vai pagar, bueno el non a Deputación que el preside, a instalación de duas pantallas xigantes para ver o partido entre España e Italia de mañán.






















             Unha porase en Vilagarcía e a outra en Pontevedra. Duas cidades que non deben ter cobertura TDT ou que a xente por mor da crise tivo que empeñar as suas televisións e non poden velo nas suas casas. Pois de non ser así non se entende que se gasten uns euros en algo tan simple e que se recorte os cartos para becas de estudos para rapaces de familias con menos recursos. Despois tamén haberá que engadir as subvencións para os touros da Peregrina. logo de encherse do Xantar do Albariño Louzán e amigos vanse a ver os touros todos moi contentos e felices coa barriga chea e con chófer. 






            Viva a austeridade!!! ......







O BNG DI QUE LUIS ARAGUNDE MINTE






O BNG mantense nas suas críticas contra do Alcalde, Luis Aragunde, polo asunto da escultura de Manuel Fraga. Dende o Bloque afirman que o primeiro edil “minte con toda a facilidade e sen inmutarse o máis mínimo” Din que é un representante do máis dignodo PP. Coma os seus superiores na Xunta e no Governo central non cumpre as promesas electorais, uns ían acabar co paro en 45 dias, sen embargo o paro non deixa de medrar e os outros non subirían impostos nin luz nin auga i está a suceder todo o contrario.


Víctor Caamaño, portavoz do BNG, acusa ao Alcalde de facer mala publicidade e perxudicar ao sector do viño “por cargarlle o pato sen comelo nin bebelo”
Por outra banda o Valedor do Pobo admitiu a trámite, fai uns días, outra queixa doBloquecontra o grupo de Governo. Os Nacionalistas presentaron en outubro unha serie de preguntas sobre a situación económica e administrativa do asesor xurídico do Concello pero o Alcalde respostou e con evasivas parte do cuestionario, no mes de abril. Nada menos que seis meses. O Concello terá que contestar ao Valedor. Agardemos que esta vez sexan máis claros nas suas respostas.


O MUSEO DE PONTEVEDRA PASA A SER UN SERVIZO DA DEPUTACIÓN





 Poucas veces o salón de plenos da Deputación logra convocar a tanto público como o fixo o xoves pasado. Alí xuntouse a sección sindical de Comisións Obreiras da Deputación e do Museo Provincial e a asemblea de traballadores de arqueoloxía da CIG coas súas respectivas pancartas. Os primeiros irromperon ao comezo da sesión plenaria ao berro de negociación «». «Pedimos diálogo porque se están tomando decisións que non van traer ningunha vantaxe para ou Museo, senón perxuízos», afirmou a este xornal o secretario do comité de empresa do Museo, Juan de la Vega. E é que desde o 29 de maio os traballadores aínda non lograron reunirse co presidente da Deputación, Rafael Louzán, nin coa deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, para coñecer «ou rumbo que vai levar ou Museo». «Non sabemos cal vai ser ou organigrama final, como se van transferir eses servizos ou que vai pasar cos fondos»,recordou.

Louzán desatendeu as reivindicacións que resoaron no Pazo provincial e incluso tachou de tenderetada «» o apoio dos sindicalistas á oposición. O Partido Popular negouse a retirar da orde do día o acordo inicial de disolución dos seus sete organismos autónomos, que terá efectos unha vez finalizado o 2012. Ademais do Museo, o lote inclúe a Escola de Canteiros, o Instituto para a promoción e equipamento do só industrial de Pontevedra (Ipespo), o ORAL (ente encargado da xestión dos recursos locais), a Caixa de Anticipos de Cooperación, Turismo Rías Baixas e o Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM).
Coa súa maioría absoluta na institución provincial, o PP puido aplicar o rodete e aprobar a disolución dos sete organismos autónomos co fin de aforrar 1,2 millóns de euros, a pesar de que a oposición os acusou de facer «un chiringo á súa medida», como expresou o deputado nacionalista, Cesáreo Mosquera.


DOCUMENTAL SOBRE O "DEATH METAL" GALEGO





Luis E. Froiz
Os directores galegos Luis E. Froiz e Carlos Pensado estrearon onte venres, en Santiago de Compostela, o documental 'Escuros, roncos e compasados' sobre a escena 'death metal' dos anos noventa en Galicia.


Tras un ano de traballo, Froiz e Pensado presentan un documental que recolle ao redor de 30 testemuños de diversos grupos como Absorbed, S.O.K., Wisdom, Dismal, Unnatural ou Detestor, nun período de tempo que abrangue dende finais da década dos oitenta ata o ano 1999.

Esta obra indaga nas relacións entre os propios grupos que compoñían a escena galega desta corrente musical "cando era moito máis difícil" dedicarse ao death metal. "Aínda que tampouco sexa máis doado agora, por entón comezouse con moi poucos medios e nun momento complicado", explican os organizadores.












29 de junio de 2012

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PIDEN A DIMISIÓN DE LUIS ARAGUNDE POR .....................





OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PIDEN A DIMISIÓN DE LUIS ARAGUNDE POR ENGANAR E MENTIR NO TEMA DA ESTATUA DE FRAGA.

OS BODEGUEIROS, A QUEN O ALCALDE RESPONSABILIZA DE PEDIR A ESTATUA, NON SABEN NADA DO TEMA NIN ENCARGARON NADA

Rafael Blanco di que O Alcalde rectifica unha mentira con outra mentira e chega xa a non saber cal é a verdade.
Os Socialistas cambadeses quedaron moi defraudados das explicacións que Luis Aragunde deu no Pleno ao tema da estátua de Fraga. Rafael Blanco, o Portavoz Socialista manifestou que Aragunde fixo o de sempre, botar balóns fóra e responder con máis mentiras sobre unha mentira anterior, co cal xa nin sabe cal é a verdade.
Blanco incidíu en que Pedimos a dimisión de Aragunde por mentir ao Pleno e mentirlle aos cidadáns reiteradamente. Dunha decisión municipal, cun encargo de escultura feito a un escultor da zona, cunha visita ao estudio dos altos dignatarios do PP comarcal e dunha imposición en toda regla que non foi aprobada no Pleno, a culpabilizar aos bodegueiros.
Resulta que dende fai meses a maqueta está feita, foi visitada pola cúpula do PPe resulta que agora non se financia con cartos públicos, nin con cartos do PP senón da bodegas. Tanta mentira xunta merece que Aragunde presente a súa demisión.
Aragunde dixera no Pleno que esta iniciativa partia dos bodegueiros e do sector do Albariño e hoxe sabemos que ninguén dixo nin pedíu nada de nada e moitos menos estatuas. É máis, moitas bodegas manifestan rexeitamento frontal a esta medida. Se os únicos dispostos a financiar a rexeitada estatua son: unha bodega de Ribadumia e unha conserveira tamén de Ribadumia, os Socialistas pedimos que a poñan en Ribadumia.
Blanco engadíu que o PP actúa como o fai sempre e xa estamos fartos de tanto engano, mentira e manipulación, se Aragunde e o Pp de Cambados queren estatuas, que as pague o PP e que as coloquen na súa sede.





IV CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS



Este domingo celébrase a IV Carreira Popular de Cambados, que como sempre disputarase sobre un circuíto urbano de dez quilómetros de percorrido, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. O trazado consta de 3.333 metros ó que os participantes deberán dar tres voltas, comezando en Fefiñáns e transcorrendo pola Avenida da Coruña, Rúa do Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Paseo da Calzada, Praza do Concello, Paseo marítimo, Alameda de San Tomé, Avenida de Galicia, Avenida de Vilariño ata o cruce coa Avenida de Madrid, e Rúa Real, ata rematar de novo en Fefiñáns. 

 
Por este motivo a Policía Local curtará as rúas máis céntricas ó tráfico rodado dende as 10:00 ata as 12.30. A organización roga ós conductores que non aparquen os seus coches nestas vías e, se o fixeran, que non os movan durante a celebración da carreira
A proba está destinada a categorías xuvenil, junior, promesas, senior e veteranos. Outorgaránse premios en metálico para os catro primeiros clasificados, e trofeos en todas as categorías para os tres primeiros en chegar a meta. 
 
Entre os 900 atletas inscritos, unha cifra que supón un novo record de participación, destacan nomes como os de Alejandro Fernández Rivera, Pedro Nimo ou Elías Domínguez, que parten como favoritos ó triunfo, para suceder no palmarés da carreira a Javier Gómez Noya, gañador o ano pasado. Entre as mulleres as galegas Esther Pedroda e Laura Mosquera e a portuguesa Ana Oliveira son a priori as máximas candidatas á victoria.

OS REPRESENTANTES DE ACEVIN XA ESTAN EN CAMBADOS





Os representante da Asociación de Cidades Españolas do Viño debaten estes días sobre os proxectos da entidade, ademais de coñecer o municipio.
 
 

Ademáis da capital do albariño, Cambados é estes días a capital do enoturismo. Arredor de douscentos representantes das principais vilas e cidades do viño de toda España achegáronse ó municipio para asistir á asemblea xeral da Acevín, a Asociación de Cidades Españolas do Viño. O evento, que se celebra con carácter anual, recala por primeira vez en Cambados e faino cunha completa axenda de actividades. 
 
 
Trala recepción realizada por parte do alcalde Luis Aragunde, os asistentes participaron hoxe nos actos centrais do evento, coa reunión da xunta directiva da Acevín pola mañá e a xuntanza do comité de xestión das Rutas do Viño de España pola tarde. Nestes foros debateuse sobre os proxectos que a entidade ten en marcha, como a creación de catro novas rutas do viño. Tamén se fixo balance da situación xeral da Asociación, repasáronse as actividades realizadas no último ano, avaliouse o balance económico do pasado exercicio e os orzamentos deste ano, e planteáronse as novas actividades promocionais que se van levar a cabo. 
 
Á marxe destes temas propiamente asociativos, os representantes da Acevín tiveron un oco ó mediodía para realizar unha visita guiada polo casco histórico de Cambados. Aínda que os actos de carácter máis lúdicos concéntranse na xornada de mañá.
 
No salón de Congresos Peña asistirán pola mañá a unha cata guiada pola enóloga do CSIC Mar Vilanova, para logo tomar parte nunha maridaxe de conservas e albariño a cargo dos restauradores do grupo Nove. Logo realizarán un percorrido en barco pola ría de Arousa para xantar na adega Condes de Albarei e pechar o día cunha cea-cóctel no Pazo de Fefiñáns.


A VOLTAS COA LUDOTECA DE CAMBADOS


Esa nova que ven a continuación foi publicada por La Voz de Arousa:

O Concello de Cambados atopou o xeito de non deixar a ningún neno sen ludoteca de verán. Para as cen prazas dispoñibles que había no colexio infantil da Pastora presentáronse 140 solicitudes e, ante esta situación, o goberno local pensou no colexio San Tomé para dar cabida a todos os nenos.

 A dirección do centro accedeu a pór dúas aulas a disposición do Concello para este fin e isto fixo posible atender toda a demanda existente. «O Concello entende que este servizo, ou cal se vai pór en marcha por cuarto ano consecutivo, é moi importante como apoio e conciliación dá vida familiar e laboral e por iso quere expresar ou seu agradecemento á dirección e ao consello escolar do centro educativo». Este recoñecemento non é casual pois o goberno de Luis Aragunde non atopou a mesma boa disposición no colexio da Pastora, onde o consello escolar situouse, un ano máis, en contra de albergar a ludoteca de verán alegando que isto lle supón moitos inconvenientes de cara ao comezo do curso en setembro.
 

A ludoteca de verán arrinca o vindeiro luns e prolongarase ata o 31 de agosto. Está dirixida a nenos de tres a oito anos e teñen preferencia aqueles empadroados en Cambados. O servizo está atendido pola empresa que xestiona a gardería municipal.



Esto é o que se chama unha burla a os cidadáns cambadeses. Se no colexio de San Tomé non poñen pegas e no Magariños tanpouco porqué se empeña Luis Aragunde en facelo no colexio da Pastora co trastorno que elo conleva. Esta mañán Cambados Xusto tivo a oportunidade de ver como quedou o colexio de A Pastora tralo vaciado das 4 aulas necesarias para a Ludoteca e dende logo non é moi normal que tendo centros con aulas vacias ou semi vacias teñan que pasar por este traballo. Traballo por certo feito por operarios municipais, ou sexa pagados por todos os veciños para o lucro dunha empresa privada.
Tamén cabe recordar que no Colexio de San Tomé non hai comedor, algo imprescindible según o Concello, pero alí levarán a rapaces que non precisen do comedor.  

Pronto teremos máis información sobre certos aspectos que de seren certos xa rozaría no delito. Son informacións que veñen de fontes moi fiables pero que non temos contrastadas.








REACCIONS A SUPRESION DAS MANCOMUNIDADES





Onte publicábamos neste blog a nova de que o Governo de Mariano Rajoy plantexábase a supresión das Mancomunidades de Municipios. Segundo Antonio Beteta estas non tiñan razón de ser e que as suas competencias serían levadas a cabo polas Diputacións Porvinciais correspondentes.
Nada màis conocer a nova dous Alcaldes da nosa provincia, de diferentes cores políticos expresaban as suas opinións ao respeto.


Así Gonzalo Durán(PP), Alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade do Salnés, rexeitaba a proposta do Governo de Rajoy baseando a suas declaracións en que “varios proxectos da mancomunidade poderíanse ir ao garete se suprimían os entes supramunicipais”. Tamén amosaba a sua sorpresa en tanto dende Madrid sempre se avogara pola unión de municipios para facer máis baratos diversos servizos coma a recollida de lixo ou o suministro de auga a os veciños.

Expresaba, Gonzalo Durán que sobre a mesa hai varios proxectos entre as Mancomunidades do Salnés e do Barbanza e que a supresión podería facer que se perderan subvencións e mesmo a anulación de ditos proxectos. Proxectos encamiñados a potenciar o turismo sobre todo. Manifestaba tamén a inquedanza do seu homónimo na Mancomunidade do Barbanza.
Lamentábase o Alcalde de Vilanova terse enterado pola prensa sen comunicalo ou estudado previamente na Federación Española de Municipios e Provincias.

Por outra banda o Alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, non ocultaba a sua sorpresa nunha entevista concedida ao igual que Gonzalo Durán na Cadena Ser, un, en Radio Pontevedra e o vilanovés en Radio Arosa.


Fernández Lores entendía que as Mancomunidades con problemas económicos ou cunha labor ineficaz fosen suprimidas pero non así Mancomunidades que funcionan ben coma é o caso da de Pontevedra. Agardaba que solo fose unha idea preliminar e que ao final non se levara a cabo nos termos que expresara o Sr. Beteta.


Outra vez vémonos obrigados dende aquí a decir do Governo central e do partido que o sustenta que o seu programa electoral están baseados na improvisación máis absoluta.

Anteriormente negóusenos a suba do IVE, o copago, unha reforma laboral tan dura como a que temos...... etc etc.




28 de junio de 2012

FALECE ALFONSO SUCASAS







Duas figuras
O creador Alfonso Sucasas (Goiás, Lalín, 1940), un dos referentes da pintura galega e considerado un dos últimos clásicos de disciplina en Galicia, faleceu o pasado martes aos 72 anos de idade no seu domicilio, en Vila de Cruces (Pontevedra).

O seu inconfundible estilo e o seu mundo persoal, que xira en torno ás raíces galegas, pero afastado de folclorismos, expúxose por última vez nunha mostra retrospectiva que estivo aberta no centro cultural Novacaixagalicia de Vigo entre o pasado mes de xaneiro e marzo.

"Os cadros están aí para que falen e punto", afirmou o artista durante a inauguración desa última exposición en Vigo. Nesa exposición puido comprobarse a súa vocación pola pintura, que arrancou dende moi mozo, xa que puido contemplarse un bodegón que realizou en 1957, cando só tiña 17 anos.


Comezou a súa carreira en Brasil, pero regresou a Galicia en 1968 e iniciou unha traxectoria artística na que se caracterizou polo emprego de temas populares, pero sen esquecer compoñentes de denuncia social.
Os xenerais do Marco


LOITO OFICIAL

O Concello de Lalín que o viu nacer decretou dous días de loito oficial, ata as 24.00 horas do 28 de xuño, pola morte dun "dos grandes da pintura galega", tal e como o definiu o alcalde deste municipio, José Crespo.

"Sucasas foi quen de contribuír ao bo nome de Lalín e do Deza nas artes plásticas, terra na que creceron outros pintores tan recoñecidos como José Otero Abeledo Laxeiro e Antón Lamazares", subliñou o rexedor, quen avanzou que a casa do concello analizará de qué forma se homenaxea a este "lalinense ilustre".



Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sumouse ás condolencias pola morte dun artista do cal recordou o seu "frecuente e frutífera relación" coa institución que preside, que editou un libro sobre a súa obra e que organizou ningunha das súas mostras.

Louzán recordou a este creador singular como "unha extraordinaria e bellísima persoa, un dos grandes clásicos da pintura galega contemporánea, un exemplo de galego, comprometido coa súa terra e coas súas xentes".












ADEUS AS MANCOMUNIDADES DE MUNICIPIOS







O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, avanzou que o Goberno prevé suprimir as 1.432 mancomunidades ao completo no marco da Lei de Bases do Réxime Local e que serán as deputacións provinciais as que se encarguen de xestionar as competencias daqueles concellos que non o poidan facer dentro dos criterios da Lei de Estabilidade Presupostaria.

O secretario de Estado de Administracións Públicas asegurou que esta supresión afectará "todas" e cada unha das 1.432 mancomunidades existentes, e admitiu que "sen dúbida haberá supresión de cargos públicos" a raíz desta medida.
O Goberno xa elaborou un documento coa súa proposta froito dunha comisión de expertos liderado polo Instituto Nacional da Administración Pública, inspirada na Lei de Estabilidade Prespuestaria.

Ata a data, o Goberno presentou esta proposta a PSOE, CiU e PNV, e remitiuna ás comunidades autónomas e á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) á espera das súas alegacións.
Logo da Mancomunidade do Salnés
"NON É ESIXIBLE A SUPRESIÓN DE MUNICIPIOS"

Segundo explicou Beteta, "non é esixible a supresión de municipios", non así que cumpran coa Lei de Estabilidade Presupostaria. Neste sentido, sinalou que aqueles concellos que non poidan financiarse cos seus recursos serán xestionados polas deputacións provinciais, que cumpren unha función similar á das mancomunidades.

"As deputacións son as mancomunidades naturais", dixo Beteta, quen engadiu ademais que un estudio do Instituto de Estudios Fiscais, que se presentará proximamente, revela que esta xestión global dos servizos municipais é 20 veces máis barata que a individual.

En calquera caso, o secretario de Estado de Administracións Públicas indicou que "a voz dos cidadáns se seguirá escoitando a través dos alcaldes e os deputados provinciais".
Escoitar, escoitarán pero pouco caso farán.


DIA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A DROGA



O pasado martes celebrouse o Día Internacional da Loita contra a Droga. Un día que cobra unha especial relevancia nas nosa comarca, moi afectada polo narcotráfico.
O pazo antes das obras



O pazo de Vista Real, o que fora propiedade do clan Charlín e propiedade agora do Concello de Vilanova foi o lugar escollido para levantar este monumento que leva por nome “Galicia contra a Droga”. Con el este espazo conta cun símbolo máis desa loita de tantas e tantas familias do Salnés e de toda Galicia, contra o narcotráfico. É, ademais un chamamento a xuíces e fiscais para que continúen traballando.

O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico fixo referencia tamén á necesidade de ofrecer alternativas de ocio para a xuventude, recordou a importancia da educación e asegurou que o camiño para rematar con esta lacra hai que percorrelo en equipo.


Así é que esta escultura, obra da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, representa unha man, unha man de quen pide axuda e unha man que se tende para axudar. E é que en palabras de Carmen Avendaño, a fundadora de Érguete e un referente na loita das nais contra a droga, o camiño será longo.

Fermosas vistas dende o pazo
 Pola súa banda, o alcalde de Vilanova, orgulloso de que o Pazo de Vista Real poida ser de novo propiedade dos veciños de Vilanova, fixo referencia a labor desenvolvida por tódolos veciños ó longo destes anos, unha labor que conseguiu facer perder o medo ós narcotraficantes e facer visible o problema.
Quen tampouco quixo desaproveitar a ocasión para amosar o seu apoio foi o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, que mandou unha mensaxe de ánimo ás asociacións que traballan na loita contra a droga.

Unha vez inaugurado o monumento as autoridades fixeron unha visita polo Pazo.




QUE FACER CON 15.000 EUROS







Dende este blog queremos facerlle unhas suxerencias para investir os 15.000 euros que pensan en malgastar na escultura a o insigne ex-presidente da Xunta de Galicia, ex-ministro de Franco i ex-embaixador en Londres entre moitos outros cargos, D. Manuel Fraga Iribarne. Tamén Gran Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño, cargo este otorgado por ser Presidente da Xunta, que pronto será substituído por outro importante Valedor do Albariño que no é outro que o Sr. Núñez Feijoó.


Con ese cartos poderíanse contratar, sen enchufismos, a unhas cantas (con ese cartos no poderían ser máis de cinco) persoas no verán, para ter o povo máis limpo e que os turistas que nos visiten leven unha boa imaxe de Cambados. Un povo limpo vende máis que a estatua de Fraga.




Xa que este ano parece ser que non lle vai ser concedida un obradoiro de emprego ou escola taller ao noso Concello para poder enchufar a interventores,afiliados e simpatizantes do PP, pois o resto non existe, esa sería unha maneira de dar traballo a xente con necesidades económicas.
Con eses cartos tamén se poderían subsanar parte das deficiencias dos colexios do Concello e non eses arranxos e lavados de cara que se fan en setembro para intentar pasar o exame dos primeiros dias de curso. Durante o curso poucas ou ninguha obra de mantemento. Por exemplo arredor das árbores do patio dos pequenos no Magariños quedaron uns buratos sen tapar de uns vinte centímetros de fondo e bordes en coitelo co perigo que iso conleva. A obra rematouse hai varios meses e como dicía Julio Iglesias “A vida segue igual”


Con eses cartos poderíanse arranxar os adoquíns e as lousas que quedan mal postas por querer facer as cousas depresa e correndo otorgando obras sempre as mesmas empresas, dando a demostrar que se dan esas obras a quen é amigo independientemente de se o fan ben ou mal. Cada pouco vemos operarios municipais facendo eses arranxos que deberían ir a cargo da empresa por facelo mal.


Con eses cartos poderíase arranxar a zona de xogos do parque de Torrado. En case tódolos parques do mundo adiante o caucho que se usa para os parques é en forma de planchas, tipo baldosas, por si se estropea poder reparalo sen dificultades. En Cambados que somos máis listos que nadie fixeron unha chapuza. O caucho roto ou levantado por todos lados. Se fora en planchas a sua reparación sería menos costosa e máis rápida. As gravilla que ten arredor tampouco axuda (habería que sustituila por outro material) a un bo mantemento e se engadimos o sol e chuvia durante todo o ano. Pero os estudos previos suponse que terían en conta eses factores.


Estos son tan so uns exemplos, pero cada un de vos terá outras ideas de que facer con 15.000 euros dunha maneira mellor que nunha estatua coa que non todos estamos dacordo.
A señora Bechade a “francesa” leva cinco anos esperando unha homenaxe que foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria, si mal non recordo.


De tódolos xeitos se o Alcalde demostra que o Concello non vai gastar nin un so euro que fagan esculturas de Fraga en serie se queren, pero para poñer nos xardíns, nas habitacións ou nos baños de quen queira pero non nunha rua ou praza de Cambados.
E si é cousa particular que pense esa xente que hai clubes deportivos e asociacións (Por Dereito, Esperanza Salnés entre outras) que lle darían un uso fantástico a eses cartos.
Clubes que fomentan o deporte entre a xuventude do povo e asociacións que axudan a integración de rapaces con dificultades.










27 de junio de 2012

NOVA EXECUTIVA DO PSOE CAMBADES




Executiva local 2012 


Durante a asamblea extraordinaria do pasado luns realizouse a elección da nova Comisión Executiva Local coa novidade da renovación do Secretario Xeral, que pasa a ser Rafael Blanco, que viñera ocupando o posto de portavoz. Integran tamén a nova CEL os actuales concelleiros Fátima Abal e Lucas Vieites, mentres que aparecen novas caras, moitas das cales provintes das Xuventudes Socialistas: Regina Nuñez, Ismael Agra, Bárbara Abal, Miguel Pérez e Carlos Abal.

O PP SEGUE ADIANTE COA ESCULTURA DE FRAGA





"É unha iniciativa do sector do viño que quere recoñecer a figura dunha persoa que se caracterizou durante toda a súa vida como un gran valedor do albariño". Esta foi a argumentación do grupo de goberno do Partido Popular de Cambados co a que rexeitou a moción do BNG na que se pedía a anulación do proxecto. Iso si, deixou todas as incógnitas que había ao redor desta iniciativa igual de abertas que antes da sesión plenaria, xa que respondeu con evasivas a preguntas como a identificación das persoas que se atopan detrás desa homenaxe. Cecais sexa porque as únicas persoas detrás de todo son xente do PP, que nin siquera teñen que ver co mundo do viño. Bueno on bo viño gústalle a calquera e si vai acompañado de boas viandas e gratis mellor que mellor.

O rexedor cambadés, Luís Aragunde, limitouse a contestar con evasivas asegurando que as noticias publicadas sobre a estatua "non se axustan á realidade" e a acusar os grupos da oposición de demagoxia. É máis, eloxiou a vida política de Fraga como presidente da Xunta de Galicia e o seu "inxente labor por Cambados, investindo máis neste municipio que nos do resto da comarca". Suponse que  a os veciños de comarca esta afirmación sentaralles moi ben.

Aragunde tamén negou máis evidencias durante o pleno de onte. Asegurou aos grupos da oposición que o Concello "nunca" tivera intención de financiar a estatua e que sempre foron os viticultores os que se dirixiron á institución municipal para elaborar esa homenaxe en forma de escultura". Con todo, ese comentario renxeu nos oídos do portavoz do BNG, Víctor Caamaño que lle lembrou que, nun primeiro momento, "o Concello ía pór o diñeiro, despois pasou a tratar de buscar financiamento noutras administracións e despois xurdiu "a escusa do sector vitivinícola xa que as adegas desmarcáronse da homenaxe". Todos eses cambios viñeron por mor das críticas que ía recibindo o proxecto co paso dos días.

Outra cuestión que negou Aragunde no pleno foi a visita de tres destacados integrantes do Partido Popular da comarca do Salnés (José Manuel Cores Tourís, Rafael Louzán e Rosa Oubiña) ao taller do escultor recentemente para comprobar como evolucionaba a figura.

Fátima Abal, portavoz do PSOE na sesión de onte, incidiu no rexeitamento que suscita a figura de Manuel Fraga e lamentou que se poida gastar o diñeiro nunha homenaxe a un "exministro de Franco, mentres existen moitas outras necesidades que cubrir". Tanto PSOE como BNG insistiron na idea de que a iniciativa defende "certo tufillo de imposición ideolóxica da maioría do Partido Popular" e instaron o grupo de goberno a abandonar esta intención, algo que foi rexeitado polo once edís da formación que lidera Luís Aragunde, que optou por liquidar canto antes a sesión plenaria ao non responder á segunda quenda de intervencións.


NOVA XORNADA DE LOITA CONVOCADA POR UGT E CC.OO.




 
CCOO e UGT convocan para o día 28 de xuño unha xornada de loita no sector público estatal para continuar a denunciar a «grave deterioración» do estado do benestar, posto en risco co «desmantelamento sistemático e sen límite» do sector público estatal.
Os dous sindicatos sinalan que a política levada a cabo desde a UE a través do Goberno baséase en medidas contrarias á esencia do público.

Ata agora, a principal misión do sector público estatal era a prestación do servizo á cidadanía, velando pola igualdade e a cohesión territorial na sociedade española a través do servizo público.


Agora, só se lle esixe ao sector público que sexa rendible economicamente, pero ao non dotar de orzamento unha empresa pública ou organismo, ditamínase a súa desaparición en prol do seu paso a mans privadas a través de adxudicacións e concursos.



Desde CCOO e UGT cren necesario que a cidadanía sexa consciente do roubo ao estado do benestar español e aos dereitos cidadáns que supoñen estas privatizacións e externalizacións: cada vez que privatizan un servizo público, «é coma se nos roubasen parte do noso patrimonio cidadán: o noso estado de benestar».

Estas políticas deben ter unha resposta continuada e contundente dos traballadores e traballadoras e de toda a cidadanía. Por esta razón, CCOO e UGT convocan para o xoves, 28 de xuño, unha nova XORNADA DE LOITA que esta vez se desenvolverá no conxunto do sector público estatal e se centrará nos seguintes obxectivos:

- Defender os servizos e sectores públicos
- Dignificar as empregadas e empregados públicos, así como as empresas públicas.
- Denunciar os despedimentos e faltas de pagamento das Administracións públicas.
- Defender a negociación colectiva e os seus convenios e acordos.
- Loitar contra a reforma laboral e os recortes sociais.
- Defender o papel dos servizos públicos na igualdade e a cohesión social.


26 de junio de 2012

A IMPROVISACION DE RAJOY




O presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, decía onte que "pronto, ao longo deste ano", serán aprobadas novas medidas económicas que terán como obxectivo, "por difíciles que sexan", crecer e crear emprego.
O xefe do Executivo,  non deu detalles de cales serán os próximos axustes ou reformas, fixo o anuncio durante a súa intervención na clausura da Asemblea xeral da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE).


Duas desas medidas serán subir o IVE e subir a idade de xubilación.  Medidas de aforro para o estado pero sogas nos pescozos dos traballadores.


Tamén ratificou que continuará coa súa política de austeridade para reducir o déficit público e as reformas estruturais para gañar flexibilidade e competitividade.
Esa austeridade que vai levar parella unha terceira medida, a baixada , ou como mal menor a non subida, dos soldos dos funcionarios. 
Unha cuarta medida, non estudiada por Rajoy e compañía, seria o adelgazamento no número de institucións, altos cargos e chupóns que nos rodean pero iso é algo que non se contempla.

As turbulencias dos mercados que empuxan á alza á prima de risco española non afastan ao Goberno da ruta porque "forman parte inevitable da saída da crise", sinalou.

"Agora toca superalas, estamos no camiño para facelo, nada nos vai a apartar del e imos continuar con esa decisión ata o final", agregou.


Sobre a asistencia financeira europea á banca, solicitada onte  formalmente polo Goberno español ao Eurogrupo, Rajoy advertiu que os socios europeos "loxicamente esixirán un esforzo importante" ás entidades financeiras que recorran á liña de crédito.

Sobre as entidades que non necesitarán recorrer á axuda europea asegurou que "deberán facer un esforzo importante" para reestruturase e captar capital no mercado, xa que se lles obrigou a manter uns "colchóns de capital de primeira calidade, moi por encima dos esixidos actualmente".

O obxectivo final é despexar calquera dúbida sobre a solvencia e a liquidez do sector financeiro español e facilitar que volva fluír o crédito cara ás familias solventes e os proxectos empresariais viables, asegurou.

Como vedes o Sr Rajoy ten un plan e a medida que transcurra o tempo irémolo descubrindo.
È a medida que pase o tempo, Rajoy irá enterándose ............a canda nos.

A ESTATUA DE FRAGA CHEGA A O PLENO






O debate sobre a estatua de Manuel Fraga en Cambados chega esta noite ao pleno da corporación (21.00 horas). Faino a propósito dunha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galega pola cal manifesta a súa postura en contra desta iniciativa auspiciada polo goberno local.

O debate chega precedido doutro debate nas redes sociais e na rúa dado que desde que transcendeu a noticia foron varios os colectivos que se situaron en contra da escultura de Fraga e incluso se convocou unha concentración ás portas do Concello.

Ademais do Bloque, os socialistas tamén se pronunciaron xa en contra desta escultura utilizando argumentos parecidos: que a figura de Fraga non concita consenso social no municipio, o pasado franquista do personaxe e o feito de que se gaste diñeiro público nesta cuestión nos tempos que corren. O goberno que lidera Luis Aragunde non se prodigou á hora de pronunciarse a este respecto pero si reaccionou no que se refire á cuestión económica.

ANTICORRUPCION ENTRA NOVACAIXACALICIA






A Fiscalía anticorrupción presentou este luns ante o Xulgado Central de Instrución Número 2 da Audiencia Nacional a querela contra cinco exdirectivos de Novacaixagalicia por as elevadas cantidades adxudicadas en concepto de prexubilacions, "ocultando os importes tanto ao Consello de Administración coma ao Banco de España".

Así, segundo recolle a querela, a Fiscalía, tras practicar dilixencias de investigación nas últimas semanas, considera que os feitos poden ser constitutivos dun delito de administración desleal ou, de modo alternativo, dun delito de apropiación indebida.

Ao respecto, a Fiscalía argumenta que os querelados "procederon con abuso das funcións do seu cargo e pleno coñecemento da dificilísima situación económica pola que atravesaba a entidade crediticia, a dispoñer fraudulentamente de bens desta, ocultando ao Consello de Administración e ao Banco de España o importe das súas prexubilacions" e, engade, "ás cales como quedou exposto en este escrito e en parte non tiñan dereito, todo iso en menoscabo da entidade crediticia que administraban e do FROB".

A querela foi formalizada contra Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza, Óscar Rodríguez Estrada e Francisco Javier García de Paredes Moro.









25 de junio de 2012

14.367 EMPREGOS MENOS NA BANCA




Os bancos e caixas de aforros que operan en España reduciron o seu persoal en 14.367 empregados o pasado ano e pecharon 2.905 sucursais, principalmente debido ao proceso de reestruturación do sector.

Ao peche de 2011, as entidades financeiras españolas contaban con 223.492 empregados, 107.492 en bancos e 116.000 en caixas, segundo os datos da Asociación Española de Banca (AEB) e a Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA).



Isto supón 14.367 empregos menos que ao peche de 2010, cando contaban con 237.859, e o maior axuste corresponde ás caixas, responsables de eliminar 12.165 destes postos de traballo

Polo que respecta ás sucursais, ao peche de 2011 ascendían a 35.118, 2.905 menos que un ano antes. Os bancos contaban o pasado ano con 14.331 sucursais, 387 menos que o ano anterior, principalmente debido ás 135 oficinas que pechou Banco Guipuscoano, as 128 de Barclays, as 46 de Banesto, as 45 de Banco Sabadell, as 30 de Banco Pastor e as 20 de Banca March.



As caixas, pola súa banda, pecharon 2.518 oficinas, co que ao finalizar 2011 contaban con 20.787 sucursais. Desde UXT apuntan que a supresión de empregos e o peche de oficinas débese "sobre todo" ao proceso de reestruturación das antigas caixas de aforros, xa que ao agruparse prescindiuse de numerosas sucursais.
       
O sindicato insiste na necesidade de atopar "solucións non traumáticas" para esta reestruturación, é dicir, que o proceso se realice mediante o acordo entre as empresas e os traballadores.

Neste punto coincide o secretario xeral de Comfia-CCOO, José María Martínez, quen esixe que a reestruturación se faga "como ata agora", con acordo "social".

As perdas de emprego seguen a tendencia dos últimos anos, como recorda Martínez, que estima que o sector financeiro suprimiu 30.000 postos de traballo desde que empezou a crise, a metade debida á caída do negocio e a outra metade á reestruturación do sector.

Ademais, os sindicatos apuntan que esta tendencia vai en aumento. UXT calcula que, só coas medidas que xa foron anunciadas, 2012 terminará con 2.900 oficinas e 13.200 traballadores menos, "unha reestruturación moi forte porque é un período curto de tempo".

Desde CC OO non ofrecen datos de previsións, pero advirten de que os axustes que se fagan a partir de agora "van depender das condicións que poña Europa ao préstamo" que vai conceder ás entidades financeiras españolas para a súa recapitalización.

Nese sentido, Martínez pide "que se limpen de incerteza palabras tan grosas como liquidación", no sentido de que isto pode implicar a absorción dunhas entidades por outras e non necesariamente a súa eliminación.

De cara ao futuro, UXT avoga pola creación dunha "banca pública" coas catro entidades auxiliadas polo Estado (Banco de Valencia, Catalunya Banc, Novacaixagalicia e Bankia), porque
despexaría a incerteza sobre o seu futuro, permitiría que fluíse o crédito e evitaría "que a xente acabe levando os depósitos".

A continuación achégase un cadro co número de sucursais e empregados das entidades financeiras españolas, desglosado por bancos e caixas, no ano 2010 e 2011, así como a diferenza entre ambos.
       
                                   2011              2010       Diferenza
       ----------------------------------------------------------------------------
       Sucursais         35.118            38.023           -2.905
       -Bancos            14.331            14.718             -387
       -Caixas             20.787            23.305           -2.518
       
       Empregados    223.492           237.859          -14.367
       -Bancos           107.492           109.694           -2.202
       -Caixas            116.000           128.165          -12.165






ARTIGO DO XORNAL GALICIA SOBRE O VALEDOR DO POBO


Máis do 90% das queixas e denuncias son     contra gobernos e administracións gobernadas polo PP.- Ana Pontón acusa de “comportamento antidemocrático” que Feijoo modifique a lei dos orzamentos aprobada no Parlamento sen dar explicacións na Cámara.





A portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón acusou  ao Partido popular de utilizar escusas e minguar a capacidade da institución do Valedor do Pobo para “xustificar a súa definitiva desaparición”.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, trala xuntanza do grupo parlamentar nacionalista, Pontón reclamou a “remuda” desta figura antes do remate do período de sesións e denunciou que o Partido popular tenta modificar a lei da institución para “adiar o nomeamento do novo Valedor “.

Asemade engadiu, que “coa crise económica aumentará o número de denuncias e o PP quer silencialas” ao igual que está a facer cos dereitos dos cidadáns noutros ámbitos.

Sobre as recentes declaracións do Presidente da Xunta, realizadas en Madrid, nas que considerou conveniente a desaparición da institución do Valedor do Pobo, Pontón cualificounas de “desafortunadas” polo que pediu a súa rectificación.

Feijoo non explica os recortes no Parlamento

Por outra parte, a parlamentaria acusou ao Presidente da Xunta de Galiza de “colaborar coa política recentralizadora” no Consello de Política Fiscal por modificar a lei de orzamentos aprobada no Parlamento galego “sen explicar esta modificación nin os novos recortes”.
Pontón explicou que foi “ a través dun documento do Ministerio” como coñecemos os recortes que se aplicarán en sanidade, educación e medidas destinadas a activar a economía galega e afirmou que, un Goberno solvente é o que resolve os problemas dos cidadáns, hoxe Galiza, sentenciou, conta con “máis recesión, máis desigualdades e menos emprego”.

O PP destrúe emprego e incrementa a débeda pública

Neste sentido indicou que, tras tres anos de Goberno do PP na Xunta de Galiza, “hai máis listas de espera na sanidade, menos profesorado e menos servizos públicos” e preguntou cál é o logro de Feijoo se “no ano 2005 cumpríronse os obxectivos, no 2006 houbo un superávit de 75 millóns de euros, no 2007, 100 millóns e no 2008 o obxectivo situábase no 0,75 acadando Galiza o 0,37”.


Estes datos non se corresponden dixo, coa débeda pública orixinada polo Partido popular “ no ano 2009 triplicada e na actualidade 8.000 millóns de euros”.

Baixa execución orzamentaria

Pontón tamén responsabilizou ao Presidente da Xunta do baixo nivel de execución orzamentario no ano 2011 do que 1.292 millóns de euros pertencen as consellerías relacionadas coas políticas de reactivación económica, “Economía e Industria non executou o 40%, 167 millóns de euros”.

A portavoz do grupo parlamentario do BNG concluíu afirmando que as consellerías máis implicadas coa xeración de emprego e a reactivación económica están “nunha folga de brazos caídos para non executar os orzamentos”. 





24 de junio de 2012

VIDAL BOLAÑO HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS 2013









Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) será homenaxeado o 17 de maio de 2013 con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, segundo acordou a maioría plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido este venres en A Coruña.


En declaracións  tras o encontro, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou que se trata dunha figura "imprescindible" para comprender a dimensión do teatro galego, ao tempo que subliñou a "forza creativa" do homenaxeado.

A elección fíxose entre preto duns nomes que saíron á palestra do plenario da máxima institución da lingua galega, que tamén acordou o nomeamento de académico de honra a Arcadio López Casanova e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo, Olivia Rodríguez, Goretti Sanmartín e Xavier Vence.



"Trátase dunha figura moi importante", sinalou Méndez Ferrín sobre Roberto Vidal Bolaño. Un home que destaca, segundo a RAG, polo seu compromiso coa lingua galega e a súa faceta teatral.