Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de junio de 2012

ARTIGO DO XORNAL GALICIA SOBRE O VALEDOR DO POBO


Máis do 90% das queixas e denuncias son     contra gobernos e administracións gobernadas polo PP.- Ana Pontón acusa de “comportamento antidemocrático” que Feijoo modifique a lei dos orzamentos aprobada no Parlamento sen dar explicacións na Cámara.





A portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón acusou  ao Partido popular de utilizar escusas e minguar a capacidade da institución do Valedor do Pobo para “xustificar a súa definitiva desaparición”.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, trala xuntanza do grupo parlamentar nacionalista, Pontón reclamou a “remuda” desta figura antes do remate do período de sesións e denunciou que o Partido popular tenta modificar a lei da institución para “adiar o nomeamento do novo Valedor “.

Asemade engadiu, que “coa crise económica aumentará o número de denuncias e o PP quer silencialas” ao igual que está a facer cos dereitos dos cidadáns noutros ámbitos.

Sobre as recentes declaracións do Presidente da Xunta, realizadas en Madrid, nas que considerou conveniente a desaparición da institución do Valedor do Pobo, Pontón cualificounas de “desafortunadas” polo que pediu a súa rectificación.

Feijoo non explica os recortes no Parlamento

Por outra parte, a parlamentaria acusou ao Presidente da Xunta de Galiza de “colaborar coa política recentralizadora” no Consello de Política Fiscal por modificar a lei de orzamentos aprobada no Parlamento galego “sen explicar esta modificación nin os novos recortes”.
Pontón explicou que foi “ a través dun documento do Ministerio” como coñecemos os recortes que se aplicarán en sanidade, educación e medidas destinadas a activar a economía galega e afirmou que, un Goberno solvente é o que resolve os problemas dos cidadáns, hoxe Galiza, sentenciou, conta con “máis recesión, máis desigualdades e menos emprego”.

O PP destrúe emprego e incrementa a débeda pública

Neste sentido indicou que, tras tres anos de Goberno do PP na Xunta de Galiza, “hai máis listas de espera na sanidade, menos profesorado e menos servizos públicos” e preguntou cál é o logro de Feijoo se “no ano 2005 cumpríronse os obxectivos, no 2006 houbo un superávit de 75 millóns de euros, no 2007, 100 millóns e no 2008 o obxectivo situábase no 0,75 acadando Galiza o 0,37”.


Estes datos non se corresponden dixo, coa débeda pública orixinada polo Partido popular “ no ano 2009 triplicada e na actualidade 8.000 millóns de euros”.

Baixa execución orzamentaria

Pontón tamén responsabilizou ao Presidente da Xunta do baixo nivel de execución orzamentario no ano 2011 do que 1.292 millóns de euros pertencen as consellerías relacionadas coas políticas de reactivación económica, “Economía e Industria non executou o 40%, 167 millóns de euros”.

A portavoz do grupo parlamentario do BNG concluíu afirmando que as consellerías máis implicadas coa xeración de emprego e a reactivación económica están “nunha folga de brazos caídos para non executar os orzamentos”. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.