Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de junio de 2012

OS REPRESENTANTES DE ACEVIN XA ESTAN EN CAMBADOS





Os representante da Asociación de Cidades Españolas do Viño debaten estes días sobre os proxectos da entidade, ademais de coñecer o municipio.
 
 

Ademáis da capital do albariño, Cambados é estes días a capital do enoturismo. Arredor de douscentos representantes das principais vilas e cidades do viño de toda España achegáronse ó municipio para asistir á asemblea xeral da Acevín, a Asociación de Cidades Españolas do Viño. O evento, que se celebra con carácter anual, recala por primeira vez en Cambados e faino cunha completa axenda de actividades. 
 
 
Trala recepción realizada por parte do alcalde Luis Aragunde, os asistentes participaron hoxe nos actos centrais do evento, coa reunión da xunta directiva da Acevín pola mañá e a xuntanza do comité de xestión das Rutas do Viño de España pola tarde. Nestes foros debateuse sobre os proxectos que a entidade ten en marcha, como a creación de catro novas rutas do viño. Tamén se fixo balance da situación xeral da Asociación, repasáronse as actividades realizadas no último ano, avaliouse o balance económico do pasado exercicio e os orzamentos deste ano, e planteáronse as novas actividades promocionais que se van levar a cabo. 
 
Á marxe destes temas propiamente asociativos, os representantes da Acevín tiveron un oco ó mediodía para realizar unha visita guiada polo casco histórico de Cambados. Aínda que os actos de carácter máis lúdicos concéntranse na xornada de mañá.
 
No salón de Congresos Peña asistirán pola mañá a unha cata guiada pola enóloga do CSIC Mar Vilanova, para logo tomar parte nunha maridaxe de conservas e albariño a cargo dos restauradores do grupo Nove. Logo realizarán un percorrido en barco pola ría de Arousa para xantar na adega Condes de Albarei e pechar o día cunha cea-cóctel no Pazo de Fefiñáns.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.