Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2012

O PP SEGUE ADIANTE COA ESCULTURA DE FRAGA





"É unha iniciativa do sector do viño que quere recoñecer a figura dunha persoa que se caracterizou durante toda a súa vida como un gran valedor do albariño". Esta foi a argumentación do grupo de goberno do Partido Popular de Cambados co a que rexeitou a moción do BNG na que se pedía a anulación do proxecto. Iso si, deixou todas as incógnitas que había ao redor desta iniciativa igual de abertas que antes da sesión plenaria, xa que respondeu con evasivas a preguntas como a identificación das persoas que se atopan detrás desa homenaxe. Cecais sexa porque as únicas persoas detrás de todo son xente do PP, que nin siquera teñen que ver co mundo do viño. Bueno on bo viño gústalle a calquera e si vai acompañado de boas viandas e gratis mellor que mellor.

O rexedor cambadés, Luís Aragunde, limitouse a contestar con evasivas asegurando que as noticias publicadas sobre a estatua "non se axustan á realidade" e a acusar os grupos da oposición de demagoxia. É máis, eloxiou a vida política de Fraga como presidente da Xunta de Galicia e o seu "inxente labor por Cambados, investindo máis neste municipio que nos do resto da comarca". Suponse que  a os veciños de comarca esta afirmación sentaralles moi ben.

Aragunde tamén negou máis evidencias durante o pleno de onte. Asegurou aos grupos da oposición que o Concello "nunca" tivera intención de financiar a estatua e que sempre foron os viticultores os que se dirixiron á institución municipal para elaborar esa homenaxe en forma de escultura". Con todo, ese comentario renxeu nos oídos do portavoz do BNG, Víctor Caamaño que lle lembrou que, nun primeiro momento, "o Concello ía pór o diñeiro, despois pasou a tratar de buscar financiamento noutras administracións e despois xurdiu "a escusa do sector vitivinícola xa que as adegas desmarcáronse da homenaxe". Todos eses cambios viñeron por mor das críticas que ía recibindo o proxecto co paso dos días.

Outra cuestión que negou Aragunde no pleno foi a visita de tres destacados integrantes do Partido Popular da comarca do Salnés (José Manuel Cores Tourís, Rafael Louzán e Rosa Oubiña) ao taller do escultor recentemente para comprobar como evolucionaba a figura.

Fátima Abal, portavoz do PSOE na sesión de onte, incidiu no rexeitamento que suscita a figura de Manuel Fraga e lamentou que se poida gastar o diñeiro nunha homenaxe a un "exministro de Franco, mentres existen moitas outras necesidades que cubrir". Tanto PSOE como BNG insistiron na idea de que a iniciativa defende "certo tufillo de imposición ideolóxica da maioría do Partido Popular" e instaron o grupo de goberno a abandonar esta intención, algo que foi rexeitado polo once edís da formación que lidera Luís Aragunde, que optou por liquidar canto antes a sesión plenaria ao non responder á segunda quenda de intervencións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.