Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2016

A CAMBADESA CUCA DA SILVA COLABORA NUN PROXECTO DA DGT







A cambadesa Cuca da Silva, presidenta da Asociación "Por Dereito" ven de colaborar nun traballo da DGT para crios que trata dos aspectos de educación viaria para unha mobilidade segura e sustentable nas idades máis temperás, para traballar tanto en contextos formais como non formais.

O traballo chámase ANDANDO A LA ESCUELA, e a cambadesa colaborou nos pictogramas, xunto con ARASAACC o deseñador  Sergio Palao e a  Diputación General de Aragón.

Andando a la escuela é unha guía educativa, música, conto e xogos. Un conxunto de diferentes e diversos materiais para que poidas utilizar en distintas contornas e medios.

Consta de material de educación viaria dirixido a profesores, familias
e nenos menores de 6 añosNace coa intención de reforzar todos os puntos
a considerar para xerar unha mobilidade infantil segura, saudable e sustentable.


Poder ter a posibilidade de moverse libremente e sen ser acompañados por adultos é unha necesidade para as nenas e nenos, pero é tamén un recurso para a escola e a cidade. Unha necesidade para eles porque só saíndo de casa e atopándose cos amigos pódese vivir a experiencia da aventura, da explicación. Só así poden afrontar os obstáculos e superar os perigos. En resumo, pódese xogar e o xogo é, seguramente, a experiencia máis importante na infancia e non só desta etapa. Sen esta experiencia dificúltase o desenvolvemento das capacidades cognitivas córrese o risco de sufrir obesidade infantil e trastornos de atención. Non se logra coñecer o mundo e prepararse a vivir ben (adecuadamente).


É un recurso para a escola porque só se poden vivir experiencias propias, autónomas, divertidas e interesantes en nenas e nenos que poidan mañá levar á escola calquera cousa interesante. Unha boa escola non se constrúe sobre programas e libros de texto senón sobre a experiencia que os alumnos acheguen á escola e en definitiva tamén é un recurso para a cidade. Se existen nenas e nenos que se movan autonomanente nos espazos públicos, a cidade será mellor, moito máis bela, segura, solidaria porque os nenos obrígannos a nós, os adultos, a ser mellores.


2 comentarios:

Cucacambados dijo...

Grazas pola difusión e o post!!

CORES DE CAMBADOS dijo...

Grazas, pensamos que é a nosa obriga

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.