Os Bombeiros dos parques do Salnés, en Ribadumia e Vilagarcía poderían ter que esperar entre unha e dúas semanas...
...
para cobrar a súa nómina do mes pasado. A entrada da empresa
concesionaria do servicio, Celtaprix, en concurso de acreedores cambia o
panorama legal e fai máis difícil axilizar os pagos. Desde a nova
Xerencia Provincial dos Bombeiros da Provincia de Pontevedra esta
situación é insólita porque eles están a pagar puntualmente este
servicio.
O
que pasa é que Celtaprix presta moitos outros servicios que non está a
cobrar, de aí a súa situación legal arestora en mans dos administradores
concursais. Deputación de Pontevedra e Xerencia dos Bombeiros abordaron
hoxe esta situación delicada e difícil de explicar: intentarán, dentro
da legalidade, presionar á empresa para que os cartos que eles paguen
polo mes de xaneiro estea destinado ós pagos das nóminas dos bombeiros, e
non a outros sectores da empresa.
Polo
de agora están a atender en persoa as inquietudes dos traballadores e, ó
tempo, buscando solucións legais a este entorto. Estas novidades chegan
xusto hoxe cando o Consello da Xunta ven de adelgazar a administración
paralela. Esta mañá aprobouse a reformulación de 72 entes, entre eles o
Consorcio de Bombeiros do Salnés que xa desde mediados do mes pasado
está de feito a funcionar baixo a xerencia provincial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.