Faltan dous días para o primeiro encontro
de playoff a LEB Prata na historia do Xuven e pouco a pouco o
nerviosismo vai medrando. O sábado pola mañá partirá a expedición
cambadesa cara terras cántabras a onde ten pensado chegar a media tarde.
Acompañando ó equipo, medio centenar de afeccionados que arrouparán ós
de Yago Casal.
O rival non rematou a temprada do mellor
xeito posible. O SAB Torrelavega perdeu os últimos tres partidos que
xogou e continúa a notar a baixa do seu home máis importante, Jorge
León, apartado das canchas por unha grave enfermidade. Esa é unha das
razóns polas que o Xuven parte como favorito e dende o Pombal asúmese
ese rol. Non se deixarán arredar por un pabellón xigantesco para estas
categorías con capacidade para 5.500 persoas.
O maior perigo do Torrelavega ven dende
os seus homes exteriores, que anotan con facilidade. En declaracións a TeleSalnés, para Jorge
Castiñeiras unha das claves é controlar a estes xogadores e a outra,
manter a cabeza fría e pensar que hai un partido de volta por diante.
Castiñeiras puido ver ó equipo adestrar
nos últimos días e o atopa tranquilo e confiado, como di sentirse el
mesmo. No estrcitamente deportivo, a mellor nova é a volta de Manu
Fernández, recuperado xa da súa doenza nunha costela.
A partires das 12:15 da mañá do domingo
comezará a reescribirse a historia deste Xuven no Pavillón Vicente
Trueba. Buscarán un bo resultado que lles permita de novo regalarnos
imaxes coma estas dentro de dez días no Pombal.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.