Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2012

O SUPREMO DECIDIRA SI PRESCRIBIU UNHA DENUNCIA CONTRA TELMO MARTIN





O Tribunal Supremo asume a investigación aberta en 2007 polo xulgado de Cambados sobre o exalcalde de Sanxenxo e presidente local do PP en Pontevedra, Telmo Martín, denunciado por Salvemos Pontevedra por un suposto delito de tráfico de influencias na recualificación dun solar en Portonovo.

O xulgado cambadés inhibiuse ao ser Telmo Martín un aforado.

O Supremo deberá decidir primeiro se os feitos investigados xa prescribiron.

Martín foi denunciado en xaneiro de 2007 polo colectivo ecoloxista pola recualificación dos terreos fronte á praia de Baltar de Portonovo nos que a empresa da que Martín era socio, Construcuatro, comprou tres parcelas por importe de 595.000 euros.

As leiras, inscritas no rexistro mercantil de Cambados como rústicas, foron vendidas no ano 2005, unha vez clasificadas como chan urbano, por 2,8 millóns de euros á construtora da familia de Xosé Cuíña Crespo, ex conselleiro popular de Política Territorial.

A urbanización, xa levantada, foi obxecto dunha paralización cautelar pola suposta invasión dun humidal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.