Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PRAZA DE ABASTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRAZA DE ABASTOS. Mostrar todas las entradas

9 de enero de 2017

APROBADO DEFINITIVAMENTE O REGULAMENTO DA PRAZA DE ABASTOS DE CAMBADOS












O Pleno do Concello de Cambados, en sesión ordinaria celebrada o 25 de agosto de 2016 acordou aprobar inicialmente o regulamento da praza de abastos do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, abriuse un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias. Transcurrido o prazo sen haberse presentado reclamación enténdese definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Esta Ordenanza entrará en vigor no prazo de quince días dende a súa publicación no BOPP (hoxe 9 de xaneiro) e contra a mesma únicamente cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (artigos 10.1.b e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa).






10 de mayo de 2016

AS FOTOS DO "DEGUSTA EUROPA" EN CAMBADOS








Esta mañá celebrouse na Praza de Abastos de Cambados a degustación 

“Degusta Europa”, con receitas típicas de Europa elaboradas con productos 

típicos das Rías Baixas. Estas receitas foron elaboradas polo alumnado do 

centro de FP de hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra.



Os mercados municipais da provincia de Pontevedra son o escenario dunha serie de actividades de degustación de receitas típicas de Europa, elaboradas con produtos das Rías Baixas. A preparación dos pratos corre a cargo do alumnado dos centros de FP de hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo, que ofrecen aos usuarios dos mercados a posibilidade de probar o Tzatziki grego, o risotto italiano, os Moules au safran de Bélxica e o Fish & Chips británico, entre outros.

A iniciativa “Degusta Europa”, fixo parada hoxe en Cambados, a degustación realizarouse hoxe 10 de maio entre as 11h e as 12h na Praza de Abastos e os pratos foron  Linguado Meuniere, Bloodymary, Mexillóns ao azafrán e Vermú galego. 


























11 de febrero de 2016

COBRANZA VOLUNTARIA TAXAS DO MERCADO E DA PRAZA







De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, do 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), se lles comuníca aos contribuíntes suxeitos ao TAXAS POR SERVIZOS MERCADO, TAXAS POR SERVIZO PRAZA e TAXA RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS   correspondentes ás Remesas: MERCADO 1T 2016, PRAZA 1T 2016 e LIXO PRAZA 1T 2016 pertencentes ao período impositivo do ano 2016 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre o 12 de Febreiro de 2016 ata o 20 de Abril de 2016 ou o inmediato hábil posterior se aqueles fosen festivos), procederase ao cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento: ABANCA - CAIXABANK - BANCO SABADELL.

Domiciliacións: Os contribuíntes poderán efectuar o pago a través dunha entidade bancaria. Para iso dirixirán comunicación escrita coa antelación suficiente.



15 de mayo de 2015

50 PRAZAS DE ABASTOS INICIARON A CAMPAÑA INTERNACIONAL QUERE O TEU MERCADO







Esta tarde en Sanxenxo a presidenta da Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), Elena Otero, e os presidentes das asociacións de praceiros dos mercados que forman parte desta federación, iniciouse a campaña Quere o teu mercado, que ten por obxectivo visibilizar e promocionar as prazas de abastos como pezas clave do comercio de proximidade.
Trátase dunha iniciativa internacional que se desenvolve ata o 30 de maio en 16 países de Europa, América e Asia e que se celebra por primeira vez en Galicia, onde a Consellería de Economía e Industria apoia diferentes iniciativas de dinamización en máis de 50 prazas de toda a comunidade, en colaboración coas federacións e asociacións de praceiros, os concellos e a Federación Galega de Comercio.
Entre as actuacións específicas promovidas polo Goberno galego xunto co sector celebrarase o sábado 30 de maio o Día do Mercado, poñendo en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas. Ademais, no marco de Quere o teu comercio, impulsaranse actividades para os máis pequenos, actuacións musicais, e iniciativas nas redes sociais e na páxina web http://www.quereoteumercado.gal/mercado/, entre outras propostas.
Na presentación realizada hoxe en Sanxenxo participaron representantes das asociacións de praceiros que forman parte de Fepragal: Sanxenxo, Portonovo, Vilanova de Arousa, Moaña, Cangas, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Cambados, Bueu, Lalín, Padrón, Caldas de Reis e O Grove.




8 de noviembre de 2014

OBRAS DE PROPAGANDA




O Concello de Cambados anuncia a colocación de bancos de aceiro, papeleiras, colectores e xardineiras na contorna da praza de abastos e o recinto do mercado en virtude dunha subvención de 22.500 euros concedida pola Consellería de Economía e Industria. O proxecto inclúe a construción de dúas ramplas para eliminar barreiras arquitectónicas.

Así publica "La Voz de Galicia", unha nova canto menos sorprendente. 
Acaso non hai xa partida presupostaria para a remodelación ou construcción dunha nova praza de abastos?
É necesario este gasto e para qué?
Coa construcción da nova praza estes novos elementos non serán un estorbo ou queden lonxe de armonizar coa nova construcción?
Ou acaso a praza de abastos tan prometida tardará en ser feita i en maio so haxa que botar man desto nos mítins electorais?
Onde se farán as rampas? Nun lugar a derrubar para facer a nova praza?
Non serán estes novos colectores os que se ían a arranxar (dito nun pleno polo alcalde) e que estaban preto do Centro de Saúde e que agora por arte de maxia xa non son necesarios arranxar?
 
Lástima de cartos para outras cousas máis urxentes.





21 de junio de 2014

A NOVA PRAZA DE ABASTOS XA TEN FINANCIAMENTO


Un convenio a tres bandas entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Cambados permitirá afrontar un dos proxectos que se executarán no municipio nos últimos anos. Trátase das obras de remodelación da Praza de Abastos e a Lonxa Vella de Cambados. Contan cun presuposto de 3,6 millóns de euros.
A autorización para a firma deste convenio deuna este venres o Consello de Ministros. O 60% deste diñeiro, un total de 2.160.000 euros, achegarao o Ministerio de Fomento; mentres que Xunta de Galicia (648.000 euros) e o Concello de Cambados (792.000 euros) completarán o financiamento.
A mellora das condicións da praza, cun edificio funcional e operativo, ampliará e modernizará os servizos, o que redundará en beneficio das 70 vendedoras e dos clientes que a elixen para as súas compras. Ademais, suporá un impulso para o sector do mar que vende unha alta porcentaxe das súas capturas na praza cambadesa.



27 de marzo de 2014

LOUZÁN VISITA CAMBADOS PARA FIRMAR O CONVENIO DA NOVA PRAZA DE ABASTOS



Despois de agardar anos, parece que a remodelación da Praza de Abastos de Cambados vai a ser remodelada.

Rafael Louzán reúneuse esta mañán co alcalde de Cambados, Luis Aragunde, para asinar o convenio de colaboración para a remodelación da praza de abastos.

Nese convenio a Deputación de Pontevedra destina 72.479 euros á redacción do proxecto básico e de execución das obras de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella de Cambados.
a redacción do proxecto dálle continuidade ó Plan director de reordenación da zona portuaria de lonxa e mercados do porto de Cambados-Tragove, no que se definen as necesidades de mellora desta área e que xa no seu día foi licitado e adxudicado polo organismo provincial.
Unha vez establecido este plan director, o Concello de Cambados formalizou un protocolo co Ministerio de Fomento e a Consellería de Economía e Industria, para levar a cabo os traballos de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella, mais o antedito protocolo non inclúe o financiamento da redacción do proxecto, do que agora se encargará a Deputación.

O proxecto deberá recoller os servizos actuais da praza de abastos e da lonxa vella, pero tamén fórmulas para dar resposta a todas aquelas necesidades e demandas que debe atender un mercado moderno.
A área comercial contará cun mercado de comercio polo miúdo tradicional, que concentre os postos que habitualmente veñen desenvolvendo alí a súa actividade, e un mercado de comercio por xunto complementario. Así mesmo, estará dotado dunha área de degustación e restauración que contemple unha dotación de establecementos e postos dedicados a produtos elaborados propios da zona.
Completarase cos servizos de consigna, sanitarios, servizo de gardería infantil –co fin de axudar a conciliar a vida familiar e laboral–, área de dirección e xerencia, quiosco, bar e servizo de venda de prensa, entre outros que se consideren oportunos.

A superficie estimada será de 3.200 m2, que se repartirán do seguinte xeito: 1.150 m2 para a área do mercado tradicional, 750 destinados a área de comerciantes por xunto, 800 para actividades complementarias e 500 para a área de servizos, accesos e comunicacións verticais.
O custo estimado destes traballos de remodelación e modernización ascende a uns 3.600.000 euros.