Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de marzo de 2014

LOUZÁN VISITA CAMBADOS PARA FIRMAR O CONVENIO DA NOVA PRAZA DE ABASTOS



Despois de agardar anos, parece que a remodelación da Praza de Abastos de Cambados vai a ser remodelada.

Rafael Louzán reúneuse esta mañán co alcalde de Cambados, Luis Aragunde, para asinar o convenio de colaboración para a remodelación da praza de abastos.

Nese convenio a Deputación de Pontevedra destina 72.479 euros á redacción do proxecto básico e de execución das obras de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella de Cambados.
a redacción do proxecto dálle continuidade ó Plan director de reordenación da zona portuaria de lonxa e mercados do porto de Cambados-Tragove, no que se definen as necesidades de mellora desta área e que xa no seu día foi licitado e adxudicado polo organismo provincial.
Unha vez establecido este plan director, o Concello de Cambados formalizou un protocolo co Ministerio de Fomento e a Consellería de Economía e Industria, para levar a cabo os traballos de remodelación e modernización da praza de abastos e da lonxa vella, mais o antedito protocolo non inclúe o financiamento da redacción do proxecto, do que agora se encargará a Deputación.

O proxecto deberá recoller os servizos actuais da praza de abastos e da lonxa vella, pero tamén fórmulas para dar resposta a todas aquelas necesidades e demandas que debe atender un mercado moderno.
A área comercial contará cun mercado de comercio polo miúdo tradicional, que concentre os postos que habitualmente veñen desenvolvendo alí a súa actividade, e un mercado de comercio por xunto complementario. Así mesmo, estará dotado dunha área de degustación e restauración que contemple unha dotación de establecementos e postos dedicados a produtos elaborados propios da zona.
Completarase cos servizos de consigna, sanitarios, servizo de gardería infantil –co fin de axudar a conciliar a vida familiar e laboral–, área de dirección e xerencia, quiosco, bar e servizo de venda de prensa, entre outros que se consideren oportunos.

A superficie estimada será de 3.200 m2, que se repartirán do seguinte xeito: 1.150 m2 para a área do mercado tradicional, 750 destinados a área de comerciantes por xunto, 800 para actividades complementarias e 500 para a área de servizos, accesos e comunicacións verticais.
O custo estimado destes traballos de remodelación e modernización ascende a uns 3.600.000 euros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.