Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PORTO DE CAMBADOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PORTO DE CAMBADOS. Mostrar todas las entradas
15 de julio de 2018
ÉXITO NO PRIMEIRO DÍA DA FESTA DA VIEIRA
A inauguración contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Tampouco faltou o goberno municipal en pleno, presidida pola alcaldesa Fátima Abal, representantes da confraría San Antonio de Cambados e Porto de Cambados, empresa comercializadora da vieira.
Só dirixíronse aos presentes o patrón maior, Ruperto Costa, e Rosa Quintana, o que xerou malestar no goberno local, ao entender que a alcaldesa debería poder dirixirse aos asistentes.
Cambados celebra este fin de semana as Xornadas de Exaltación da Vieira, este ano cun novo formato que está a cultivar un gran éxito de participación. Non en balde, todas as actividades programadas cobren a totalidade de prazas dispoñibles. Tras os showcookings do sábado, desenvolvidos por María Varela (A Parada das Bestas) pola mañá, e Manuel Garea e Fran Sotelino pola tarde, este domingo tócalle a quenda ao lalinense Diego López (La Molinera) que protagonizará unha demostración culinaria coa vieira e outros produtos de Porto de Cambados como protagonistas. Pola tarde continuarán as actividades cun taller infantil desenvolvido por Manuel Garea e Fran Sotelino. Nestas demostracións, que substitúen á degustación popular doutros anos, imprimen un carácter máis profesional e divulgativo á celebración, que exalta un dos produtos máis característicos de Cambados. “A vieira define a nosa frota e a nosa forma de vivir o mar”, sinalaba o patrón maior, Ruperto Costa. As demostracións culinarias complétanse con varios food trucks instalados no Paseo da Calzada, que esgotaron existencias, polo que tiveron que repoñer vieira, unha exposición fotográfica sobre o traballo das xentes do mar de Arousa e visitas guiadas aos bancos marisqueiros da man de Guimatur.
12 de julio de 2018
A FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS O SÁBADO E DOMINGO
Os días 14 e 15 de xullo, Cambados celebra as Xornadas de Exaltación da Vieira, un dos seus produtos máis significativos. Pero farao dun modo diferente a outros anos, motivado por unha dispoñibilidade menor de produto (de outubro a xaneiro non se capturou) e tamén á intención de darlle novos aires á celebración, máis centrados na divulgación e a posta en valor do produto que na venda en si. “É unha aposta arriscada, pero cremos que vai ser un éxito”, apunta Mar Ambroa, xerente de Porto de Cambados -impulsora das xornadas-. Desta forma, non haberá venda de produto en carpa senón unha aula gastronómica onde se celebrarán tres sesións de showcookings a cargo de reputados cociñeiros, que prepararán diferentes elaboracións a partir de vieira pero tamén outros produtos cos que traballa Porto de Cambados, como son as huevas de ourizo, o polbo ou o choco, todos certificados por Peixarías.
Así, o sábado pola mañá cociñará María Varela, da Parada dás Bestas; o sábado pola tarde, Manuel Garea e Fran Sotelino; e o domingo, en dobre sesión (público adulto e público infantil), Diego López ‘ Moli’. A asistencia a cada sesión, cun total de 100 prazas dispoñibles, é gratuíta previa inscrición en info@portodecambados.com ou o teléfono 679196972. Como queira que a edición deste ano ten un carácter máis solidario que nunca, establécese unha entrada simbólica de 3 euros por persoa, que serán doados ao 50% ás asociacións Esperanza Salnés e AME. Esta última celebra, coincidindo coas xornadas, un mercado solidario no Pazo de Torrado para recadar fondos para a investigación médica. Pódese visitar ata o día 29, en horario de mañá e tarde.
21 de junio de 2018
CAMBIOS NA PRÓXIMA FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS PARA ASEGURARSE A PRESENZA DO MOLUSCO
A escaseza de vieiras supón todo un reto para as empresas organizadoras da Festa da Vieira de Cambados, que se ven obrigadas a buscar outro enfoque para que poida celebrarse.
En Cambados celébrase cada ano a mediados de xullo a Festa da Vieira. Este ano, os organizadores do evento móstranse preocupados debido á pouca cantidade de molusco existente.
A empresa abastecedora está traballando en alternativas para facer posible que a festa se siga celebrando.
Na campaña que houbo este ano entre os meses de xaneiro e marzo, só puideron extraerse 62 toneladas de vieiras, unha das cifras máis baixas no que vai de século. Ante esta situación, as empresas que traballan comercializándoas teñen que facer fronte ao problema de compaxinar a demanda dos clientes habituais, coa que teñen cada mes de xullo para a festa.
As empresas organizadoras insisten en que a festa, declarada de Interese Turístico Autonómico, si terá lugar, e están traballando en alternativas que suplan a falta de produto.
24 de diciembre de 2017
XA ESTÁ NO MERCADO A VOLANDEIRA DE CAMBADOS EVISCERADA E ETIQUETADA
A empresa Porto de Cambados saca ao mercado a primeira volandeira eviscerada i etiquetada de Galicia, certificada PescadeRías. Ante a persistencia da veda da vieira, a firma viuse abocada a orientarse a outra especie que tamén é moi valorada nas mesas do Nadal, pero sobre a que hai certa “picaresca”, pois adoita presentarse como zamburiña sen selo. Con esta etiquetaxe, no que figura a súa denominación real, así como o seu lugar de extracción, o consumidor ten todas as garantías do que está a adquirir. A volandeira preséntase eviscerada sobre a súa cuncha, en bandexas de doce unidades. Porto de Cambados aplicará a esta especie a mesma metodoloxía que á vieira, que tan bo rendemento deulle. “Pasadas as datas do Nadal, imos facer provisión de produto que ultraconxelaremos con todas as garantías para poder dispoñer del durante todo o ano”, explica a xerente, Mar Ambroa. Deste xeito, favorecerase que a restauración dispoña deste produto en épocas de gran consumo, como o verán, “gañando nicho á zamburiña de importación, que vén de Perú e Chile, sobre todo”. Tendo en conta que a vieira segue en veda, boa parte da frota da ría que se dedicaba á súa captura orientouse a este outro bivalvo, que está a alcanzar uns prezos moi interesantes en lonxa. A campaña de extracción de volandeira prolongarase ata o 30 de marzo.
28 de julio de 2016
PORTO DE CAMBADOS EXPLOTARÁ A CARPA GASTRONÓMICA DA FESTA DO ALBARIÑO
O concello de Cambados fixo pública a adxudicación da Carpa de comidas para a Festa do Albariño 2016.
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 13 de xullo de 2016, adoptou acordo adxudicar á empresa PORTO DE CAMBADOS, S.L., a autorización para a “INSTALACIÓN DE CARPAS E STANDS GASTRONÓMICOS NO LATERAL DO PASEO DE A CALZADA DURANTE A LXIV FESTA DO ALBARIÑO 2016”, polo canon ofertado de nove mil euros €.
A autorización outórgase única e exclusivamente para a LXIV Festa do Viño Albariño 2016.
Os postos deberán estar instalados dende o día 3 de Agosto ata o 7 de agosto (ámbolos dous inclusive).





