Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta O FAIADO DA MEMORIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O FAIADO DA MEMORIA. Mostrar todas las entradas
27 de octubre de 2016
DERRADEIRO DOCUMENTAL "MEMORIA E VIDA"
Este vindeiro sábado 29 de outubro terá lugar a proxección do derradeiro documental da serie Memoria e Vida que durante este mes encheu o Salón de Exposalnés de historia de Galicia.
Sábado 29 en Exposalnés as 20:30 hrs.
"A VOLTA DOS NOVE"
A volta dos nove, recolle un suceso que deixou marcada á comarca do Val Miñor durante xeracións. O traballo histórico, dirixido polo documentalista Antonio Caeiro comeza na actualidade e viaxa ata os inicios da Guerra Civil, en outubro de 1936. Relata o asasinato de nove persoas por mor dunha vinganza do comandante da Garda Civil de Baiona. Sucedeu nunha curva dunha estrada, onde desde ese día ata acabada a ditadura apareceron debuxadas nove cruces en recordo dos falecidos. A pesar de ser borradas unha e outra vez e á persecución do seu autor, continuaron aparecendo durante máis de corenta anos. «O documental nace, pois, coma se fose un desexo do ou da debuxante das cruces, como un continuador do hacedor desas marcas», explican desde a produtora O Faiado da Memoria, que lanzou unha exitosa campaña de micromecenazgo para financiar o proxecto. Os testemuños orais que dan conta da historia. A rodaxe comezou a realizarse no 2006, a partir de entrevistas a aquelas persoas que viviron o suceso, tiveron unha participación directa nel ou con familiares das vítimas.
13 de octubre de 2016
"ARDE MADRID" O SÁBADO EN EXPOSALNÉS
Sábado 15 en Exposalnés as 20:30 hrs.
O filme "Arde Madrid. Un documental sobre la infancia perdida", do cineasta miñorano Antonio Caeiro será nesta ocasión o que se poderá disfrutar. A obra ofrece unha retrospectiva do momento da toma de Madrid polas forzas franquistas a través da testemuña dos nenos e nenas daquela.
Sinopse
Arde Madrid é a historia dunha infancia perdida. A historia duns nenos e nenas que se atopan no medio dun conflito militar (a Guerra Civil) e nunha cidade asediada (Madrid). Durante case sesenta minutos, 13 persoas (entre as que están Eduardo Haro Tecglen, Concha Carretero, Maruja Borrel ou Felisa Trampal) van a relatar as súas vivencias, os seus medos, a súa fame, os seus medos,... durante eses tres anos que durou a guerra. Todo a través dunha viaxe en metro (símbolo de refuxio e comunicación naquela época) que remata no cemiterio do Este, lugar de remate dalgunhas vidas.
6 de octubre de 2016
2º DOCUMENTAL DO CICLO MEMORIA E VIDA O SÁBADO EN EXPOSALNÉS
Este vindeiro sábado 8 de outubro terá lugar a proxección do segundo documental da serie Memoria e Vida que durante este mes encherá o Salón de Exposalnés de historia de Galicia.
Sábado 8 en Exposalnés as 20:30 hrs.
Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no El Dorado para moitas persoas que procuraban diñeiro fácil ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe Espiello (Huesca 2005).
29 de septiembre de 2016
O FAIADO DA MEMORIA PROXECTA 5 DOCUMENTAIS EN CAMBADOS EN OUTUBRE
A partires do primeiro día do próximo mes de Outubro (Sábado, 1) comenza unha serie de proxecións en Cambados do ciclo de MEMORIA E VIDA.
O ciclo transcurrirá durante tódolos sábados de Outubro (1, 8, 15,22 e 29) no Salón de ExpoSalnés e está organizado pola asociación CLUB MARIÑO SALNÉS, Concello e patrocinadas pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA a través dentro do seu proxecto Pontegal.
A programación podedes vela no cartel que se adxunta e a hora das proxecións será ás 20:30.
Xa sabedes a forma de adquirir mais coñecementos e máis Memoria.



